Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21891

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2023 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Dirección de Empresas.

Consonte o disposto nos artigos 26 e 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudos xa verificados, e unha vez recibido o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia ás modificacións presentadas a este plan, con data do 20 de maio de 2022, esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título oficial do máster universitario en Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela, que quedará configurado consonte o anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Dirección de Empresas pola Universidade
de Santiago de Compostela

Código RUCT: 4311754.

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

36

Optativas

18

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Fundamentos de Finanzas

Optativo

2

Módulo preparatorio

Fundamentos de Contabilidade

Optativo

2

Dirección Estratéxica

Obrigatorio

6

Módulo obrigatorio

Dirección de Operacións e da Tecnoloxía

Obrigatorio

4,5

Dirección Estratéxica de Persoas

Obrigatorio

4,5

Márketing Estratéxico

Obrigatorio

6

Márketing Internacional

Obrigatorio

4,5

Finanzas Empresariais

Obrigatorio

4,5

Xestión Avanzada de Custos e Riscos

Obrigatorio

6

Habilidades Directivas

Optativo

4,5

Módulo optativo

Xestión de Produtos e Marcas

Optativo

4,5

Dirección de Equipos Comerciais

Optativo

4,5

Finanzas Empresariais II

Optativo

4,5

Información Financeira e Toma de Decisións

Optativo

4,5

Sistemas de Información para a Dirección

Optativo

4,5

Metodoloxía de Investigación en Dirección de Empresas

Optativo

4,5

Prácticas externas

Optativo

13,5

Prácticas externas

Traballo fin de máster

Obrigatorio

6

Traballo de fin de máster

• Orientacións.

O máster oficial en Dirección de Empresas contempla dúas orientacións curriculares:

– Orientación académica.

– Orientación profesional.

O alumnado da orientación profesional ten que realizar as prácticas externas optativas de 13,5 ECTS. O resto do alumnado obterá o título pola orientación académica.

• Complementos de formación.

O alumnado que non reúna as competencias das titulacións vinculadas á Dirección de Empresas: licenciatura/grao en Administración e Dirección de Empresas ou diplomatura en Ciencias Empresariais, ou titulacións equivalentes, terá que realizar os complementos formativos do módulo preparatorio do seguinte modo:

– O alumnado procedente da licenciatura/grao en Economía, ou titulacións equivalentes, terá que cursar, con carácter obrigatorio, a materia Fundamentos de Finanzas, e con carácter de recomendación, a materia Fundamentos de Contabilidade.

– O resto do alumnado deberá cursar obrigatoriamente ambos complementos formativos.