Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21889

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2023 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Desafíos das Cidades.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 18 de outubro de 2022 (publicado no BOE do 28 de outubro pola Resolución do secretario xeral de universidades do 21 de outubro).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial do máster universitario en Desafíos das Cidades pola Universidade da Coruña; a Universidade de Santiago de Compostela; a Universidade de Vigo; Universidade de Porto (Portugal); Universidade de Trás-Os-Montes e Alto Douro (Portugal) e Universidade do Minho (Portugal).

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Desafíos das Cidades pola Universidade da Coruña; a Universidade de Santiago de Compostela; a Universidade de Vigo; Universidade de Porto; Universidade de Trás-Os-Montes e Alto Douro e Universidade do Minho

Código RUCT: 4317739.

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela; Universidade da Coruña; Universidade de Vigo; Universidade de Porto; Universidade de Trás-Os-Montes e Alto Douro e Universidade do Minho.

Modalidade de Impartición: semipresencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

35

Optativas

20

Prácticas externas OB

5

Traballo fin de máster

30

Créditos totais

90

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

A Formalización das Estruturas Urbanas

Obrigatorio

5

Materias obrigatorias

Desafíos Sociais e Educacionais das Cidades

Obrigatorio

5

Desafíos Ambientais das Cidades

Obrigatorio

5

Desafíos Tecnolóxicos das Cidades

Obrigatorio

5

Gobernanza e Políticas Urbanas

Obrigatorio

5

Economía Urbana

Obrigatorio

5

Metodoloxías de Investigación e Plan de Disertación

Obrigatorio

5

A Materialización do Espazo Público

Optativo

5

Materias optativas

O Espazo Construído como Patrimonio Sustentable

Optativo

5

Sustentabilidade Urbana e Estilos de Vida Saudables

Optativo

5

Políticas e Prácticas de Inclusión e Desenvolvemento en Cidades Sustentables

Optativo

5

Sistemas das Cidades Sustentables

Optativo

5

Xestión do Ambiente Urbano: Monitorización, Avaliación e Minimización

Optativo

5

Tecnoloxías IoT e de Comunicacións para a Creación de Cidades Intelixentes

Optativo

5

Sistemas de Información para as Cidades Intelixentes

Optativo

5

Gobernanza Urbana e Dereito á Cidade

Optativo

5

Planificación, Prospectiva e Xestión Urbana

Optativo

5

Economía Urbana e Cidades Intelixentes

Optativo

5

Economías de Aglomeración e Clústeres

Optativo

5

Prácticas externas

Obrigatorio

5

Prácticas externas e traballo fin de máster

Traballo fin de máster

Obrigatorio

30