Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21887

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do exercicio 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referidos ao cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no terceiro cuadrimestre de 2022, a cal se anexa con esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2023

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Anexo

Convenio

Data de

sinatura

Importe (€)

2022

2023

2024

2025

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para o desenvolvemento dunha plataforma dixital de contidos vinculados á actividade do Igape e dos diferentes axentes que compoñen tanto o mapa empresarial como o ecosistema innovador da Comunidade galega

14.10.2022

125.000,00

Addenda ao Convenio asinado o 24 de xaneiro de 2022 entre o Igape e a Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña (Aega-Cat) para o fomento da cooperación entre empresarios de orixe galega de Cataluña e empresarios galegos de Galicia

28.12.2022

20.000,00

Addenda ao Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Confederación de Empresarios de Galicia para a creación dun centro de seguimento das licitacións internacionais

28.12.2022

61.812,85

145.706,45

Addenda ao Convenio asinado o 23 de novembro de 2021 entre o Igape e a Asociación Clúster Alimentario de Galicia (Clugasa) para a posta en marcha dunha oficina técnica xestora dos proxectos integrados do Programa Next Generation Galicia Food

28.12.2022

31.500,00

156.375,00

Protocolo entre a Xunta de Galicia, a través do Igape, e Pequeños y Medianos Astilleros Sociedad de Reconversión, S.A. para a posta en marcha en Galicia do proxecto Conecta naval

28.12.2022

Sen achega económica

Addenda segunda ao Convenio asinado o 22 de febreiro de 2022 entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Asociación de Xóvenes Empresarios de Ourense e o Parque Tecnolóxico de Galicia para a posta en marcha dun polígono virtual

29.12.2022

3.950,00

55.850,00

55.300,00

Addenda ao Convenio asinado o 4 de xuño de 2021 entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación de Empresarios Galegos de Madrid (Aegama)

29.12.2022

20.000,00

Convenio entre a Fundación Empresa-Universidad Gallega (Feuga) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a habilitación dun espazo común para clústeres

(AT Clústeres Espazo Galicia)

29.12.2022

2.660,62

15.963,75

15.963,75

13.303,13

Addenda ao Convenio asinado o 31 de marzo de 2022 entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. para celebrar o Programa de aceleración para a internacionalización de pemes Galicia avanza

31.12.2022

108.537,59

302.894,06

188.568,35

Addenda ao Convenio asinado o 11 de abril de 2022 entre a Axencia Galega de Innovación (Gain), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Sociedad Gestora de Entidades de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia) e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo para a continuidade da Aeronautics Business Factory-BFAero na súa cuarta e quinta edicións

31.12.2022

Sen achega económica