Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21885

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade de dúas encomendas de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar, para seren executadas durante o ano 2023.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:

1. Resolución do 14 de marzo de 2023, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a elaboración dunha guía de boas prácticas de hixiene para os centros de depuración e expedición de moluscos de Galicia. Orientacións para a implantación práctica.

– Actividade: a realización das actuacións de elaboración dunha guía de boas prácticas de hixiene para os centros de depuración e expedición de moluscos de Galicia. Orientacións para a implantación práctica.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 14 de marzo de 2023 ata o 30 de novembro de 2023.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, na aplicación orzamentaria 15.02.723B.640.0, código do proxecto 2016 00286, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %.

2. Resolución do 22 de marzo de 2023, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a revisión e avaliación dos traballos técnicos presentados no marco dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Edición 2023.

– Actividade: a revisión e avaliación dos estudos ou traballos técnicos presentados polas organizacións de produtores Pesqueiros do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto cos informes anuais de 2023 no marco dos plans de produción e comercialización realizados no ano 2023, de cara a obter financiamento no marco do FEMP.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 22 de marzo de 2023 ata o 30 de novembro de 2023.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1, código do proxecto 2016 00287, cofinanciada polo FEMP nun 75 %.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2023

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar