Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21901

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 24 de marzo de 2023 pola que se publican as bolsas para realizar prácticas universitarias no medio rural no curso académico 2022/23.

BDNS (Identif.): 684045.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións https://www.infosubvenciones.es/
bdnstrans/GE/es/convocatoria

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que está matriculado en titulacións oficiais de grao ou mestrado oficial da Universidade de Vigo no curso académico 2022/23.

Segundo. Obxecto

O obxectivo que se persegue é que estudantado universitario de calquera titulación oficial poida completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento, residindo nel, coñecéndoo en profundidade e convivindo e colaborando coa súa xente, de modo que poidan velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución pola que se convocan as bolsas para realizar prácticas universitarias no medio rural no curso académico 2022/23.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas é de setenta e nove mil trinta e catro con vintecinco euros (79.034,25 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 27 de marzo ata o 14 de abril de 2023.

Vigo, 24 de marzo de 2023

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 22.6.2022, DOG do 6 de xullo)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade