O 13 de outubro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución da Universidade de Vigo, do 30 de setembro de 2022, pola que se convocou un concurso de méritos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos.
Considerando que o establecido no punto 1.F, Traballo desenvolvido, da base sexta, Valoración de méritos, non inclúe suficientemente a totalidade de circunstancias que pode alegar o persoal concursante, acordouse coa representación sindical do persoal afectado modificar parcialmente as puntuacións.
En consecuencia, esta reitoría resolveu publicar a táboa coas puntuacións correspondentes ao punto 1.F da base sexta:
Niveis |
Igual área |
Anos |
Diferente área |
Anos |
28 |
2,65 |
12,45 |
2,38 |
13,87 |
26 |
2,47 |
13,35 |
2,20 |
15,00 |
25 |
2,29 |
14,40 |
2,02 |
16,34 |
24 |
2,11 |
15,63 |
1,84 |
17,93 |
23 |
1,93 |
17,09 |
1,66 |
19,88 |
22 |
1,75 |
18,84 |
1,48 |
22,30 |
21 |
1,57 |
21,00 |
1,30 |
25,38 |
20 |
1,39 |
23,72 |
1,12 |
29,46 |
19-18 |
1,21 |
27,24 |
0,94 |
35,10 |
17-16 |
1,03 |
32,00 |
0,76 |
43,42 |
15 e inferiores |
0,85 |
38,82 |
0,58 |
56,89 |
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 14 de marzo de 2023
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo