Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 17 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto de execución do parque eólico Faro Modificado 1, no concello do Vicedo (expediente LU-11/130-EOL).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Antecedentes:

– O 15.12.2021, Nieblagen, S.L. presentou solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica para a modificación substancial do proxecto denominado Parque Eólico Faro (LU-11/130-EOL) ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro) e polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro).

– Posteriormente, o 2.5.2022 e o 18.5.2022 achegaron documentación complementaria.

– En resposta ao requirimento da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais do 12.8.2022, o 26.8.2022, o 9.9.2022, o 13.10.2022, o 21.10.2022 e o 25.10.2022 a dita sociedade achegou documentación complementaria.

– O 27.10.2022 notificóuselle desde a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais á promotora o cumprimento dos requisitos indicados no artigo 29.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

– O 27.10.2022 a dita Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitou ao órgano competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo o informe recollido no artigo 33.7 da Lei 8/2009.

– En resposta á citada solicitude de informe, o 28.11.2022 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, en que se indica que o aeroxerador cumpre a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación.

– Con data do 11.1.2023 o promotor presentou o certificado ao que fai referencia o artigo 40.4 da Lei 8/2009, emitido polo Concello do Vicedo nesa mesma data.

– Con data do 13.1.2023 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, esta xefatura territorial recibe o expediente achegado pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/promotor: Nieblagen, S.L., NIF B7150115.

Domicilio social: avenida da Coruña, 18, baixo, 15960 Ribeira (A Coruña).

Denominación do proxecto de execución modificado: Parque Eólico Faro.

Situación: concello do Vicedo.

Áreas de Desenvolvemento Eólico (ADE): Faro.

Potencia instalada: 3 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 1.

Produción neta anual estimada: 12.318 MWh/año.

Orzamento total (execución material): 2.792.457,96 €.

As instalacions situanse dentro da Poligonal definida polas seguintes coordenadas:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

A

608.132,21

4.841.659,64

B

608.128,00

4.841.091,00

C

608.530,00

4.841.016,00

D

609.077,65

4.842.184,08

E

608.874,60

4.842.285,60

Coordenadas de localización do aeroxerador:

Aeroxerador

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

FAR 03B

608.407,00

4.841.388,00

Características técnicas principais das instalacións:

– 1 aeroxerador ENERCON E-115 EP3 E3 de 3.000 kW de potencia nominal, cunha altura de buxa de 87 m e cun diámetro de rotor de 115,7 m.

– 1 centro de transformación de 4.500 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,63/20 KV, Dyn5, instalado no interior da góndola do aeroxerador, coas súas correspondentes paramentas de seccionamento, manobra e protección.

– Camiños ou vías, con 5 m de largo mínimo e maioritariamente en sabura, para o acceso ao aeroxerador e ao edificio de control.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

– Proxecto de execución modificado, asinado polo Enxeñeiro Industrial Francisco Javier Bouza Cabarcos colexiado número 867 do ICOII de Galicia o 10.10.2022.

– Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado 5.10.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 47), así como no concello do Vicedo (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/faro-modificado1

Lugo, 17 de febreiro de 2023

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo