Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Fonsagrada (expediente IN407A 2022/57 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: enlace LAT 20 kV Meira_2 con LAT 20 kV Fonsagrada.

Situación: concello da Fonsagrada.

Características técnicas principais:

• LMT soterrada a 20 kV con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio existente 14308 e final no CT prefabricado Brañas (proxectado), cunha lonxitude de 35 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.

• LMT soterrada a 20 kV con orixe no novo CT prefabricado Brañas e final no novo CT prefabricado Monte Hospital, cunha lonxitude de 2.625 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.

• LMT soterrada a 20 kV con orixe no novo CT prefabricado Monte Hospital e final nun paso aéreo a soterrado situado no apoio existente 6117, cunha lonxitude de 25 metros en condutor tipo HEPRZ1-240 mm.

• CT prefabricado Brañas cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• CT prefabricado Monte Hospital, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmontaxe do CTI Brañas (14308) e do CTI Monte Hospital (6117).

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 227.117,81 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello da Fonsagrada.

• Separata para a CHC.

• Separata para a Consellería de Cultura.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 10 de febreiro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo