Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2023 Páx. 16912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 14 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello do Corgo (expediente IN407A 2022/287-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación da instalación: reforma LMTA CRG803 en tramo entre apoios nº 106 e nº 106-35 (O Corgo).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Reforma do tramo da LMTA CRG803 comprendido entre os apoios núms. 106 e 106-33, coa substitución dos 32 apoios de madeira e formigón existentes por 13 de celosía metálica e cambio do condutor LA-30 existente a LA-56, cunha lonxitude de 1.542 m. Retensado do condutor existente nos tramos comprendidos entre o apoio núm. 106-2 proxectado e o CT Vilaceleiro e entre o apoio núm. 106-33 e o CT SJ Segovia.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que xulguen oportunas no prazo de 30 días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/o-corgo

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o seu lugar de notificación, ou ben intentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 14 de febreiro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de reforma LMTA CRG803 no tramo entre os apoios nº 106 e
nº 106-35 (O Corgo)

Concello: O Corgo.

Expediente: IN407A 2022/287-2.

Referencia catastral

Propietario

Apoio

Afeccións

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Número

m2.

ml. aéreos

m² aéreos

2

23

48

Leiro Xestas

Monte alto

Domingo Antonio Abuín Sánchez

106-1

2.0

28.0

430.0

12

20

99

Leiro Agra do Souto

Labor

Domingo Castedo Rivas

106-4

2.0

32.0

511.0

14

20

106

Leiro Pequeño Souto

Monte alto

Domingo Castedo Rivas

5.0

76.0

17

20

105

Souto

Monte alto

Domingo Antonio Abuín Sánchez

106-5

2.0

25.0

337.0

19

21

88

Da Silva

Prado

Domingo Antonio Abuín Sánchez

243.0

20

21

87

A Laxe

Prado

Domingo Antonio Abuín Sánchez

42.0

31

21

70

A Laxe

Monte alto e prado

Domingo Antonio Abuín Sánchez

106-8/106-9

4.0

183.0

2.475.0

35

19

38

Chouso Novo

Monte alto

Domingo Antonio Abuín Sánchez

29.0

36

68

21

Lg. San Xoán

Prado

Domingo Antonio Abuín Sánchez

109.0

1.901.0

37

21

12

Recanto

Prado

Domingo Antonio Abuín Sánchez

106-10/106-11

4.0

197.0

3.060.0

38

21

25

Agra de Riba

Labor

Domingo Antonio Abuín Sánchez

60.0

39

21

13

Pedregosa

Prado

Domingo Antonio Abuín Sánchez

106-12/106-13

4.0

151.0

2.199.0

42

21

2

Campa

Prado

Domingo Antonio Abuín Sánchez

19.0

174.0