Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2023 Páx. 16909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 14 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2022/073-1).

Expediente: IN407A 2022/073-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución apoios 108 e 109 LMTA POR-706.

Concello: O Pino.

1. Características técnicas:

– Modificación da LMT a 15 kV POR-706 Ponte Carreira (expediente 31398) procedente da subestación Portodemouros, consistente na substitución dos actuais apoios núm. 108, de formigón tipo AL-S-HV-400/14-B1, e núm. 109, de formigón tipo AL-AM-HV-400/14-B1, polos novos apoios metálicos tipo AM-C-1000/20-T-35/180-CA (cs).

– Substitución do actual condutor forrado tipo PAS-50 polo novo condutor tipo LA-56 no van de 246 metros de lonxitude conformado polos novos apoios núm. 108 e núm. 109 proxectados.

– Retensado do condutor tipo PAS-50 (condutor existente) nos vans adxacentes.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 14 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Substitución apoios 108 e 109 LMTA POR-706
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal do Pino

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT aérea-apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza
do terreo

Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude

Superficie (m2)

1

Claudia Garea Cotón

Polígono 501, parcela 194

Gándara

108

3

Rústico agrario

2

Concepción Maroño

Polígono 501, parcela 189

Brañas da Igrexa

109

3

Rústico agrario