Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2023 Páx. 16904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 14 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa, de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2022/179-1).

Expediente: IN407A 2022/179-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMT MEA-806 (apoio B6W2E1F6//17-CT San Adrián 15CU52).

Concello: Ortigueira.

1. Características técnicas:

– Proxéctase a reforma do treito comprendido entre a derivada ao CT ponte Mera (expediente IN407A 2016/770-1/matrícula: 15CU50) e o CT San Adrián (expediente IN407A 2016/771-1/matrícula: 15CU52) que se vai reformar, da LMT aérea a 20 kV MEA-806 (expediente 5.365) procedente da subestación Mera, consistente en:

• Substitución dos actuais apoios nº 17 (matrícula: B6W2E1F6) de formigón tipo HV-1600/12-T1, nº 18 (matrícula: B6XT0UQD) de formigón tipo HV-400/14-B1 e nº 21 (matrícula: B7330XL1) de formigón tipo HV-1600/14-T1, polos novos apoios metálicos tipo A-AG-C-2000/18-H35-CA(cs)III-Avif., A-AL-C-1000/14-H35-CA(cs)III-Avif. e A-AL-C-1000/14-H35-CA(cs)III-Avif., respectivamente.

• Instalación de novo condutor tipo LA-110 no van de 165 metros conformado polos novos apoios nº 17 e nº 18 proxectados. Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) nos vans adxacentes.

• Instalación de xeito intercalado entre os apoios nº 22 e nº 23, respectando o trazado da LMT, dun novo apoio metálico tipo FL-C-4500/12-H35-CAIII-Avif. en que se proxecta a instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) e dun xogo de pararraios autoválvulas.

• Desmantelamento do treito de 230 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110 comprendido entre o novo apoio metálico que se vai instalar entre os apoios nº 22 e nº 23 e a fachada do CT San Adrián que se vai reformar. Esta actuación implica a retirada dos apoios nº 23 (matrícula: B75641NS) de formigón tipo HV-1600/12-CR1, nº 24 (matrícula: B762R6UM) de formigón tipo HV-1000-12-CR1 e nº 25 (matrícula: B76G95SS) de formigón tipo HV-2×1600/12-T1.

– Reforma do CT San Adrián (expediente IN407A 2016/771-1/matrícula: 15CU52) non prefabricado de obra civil, emprazado entre a derivada ao CT ponte Mera (expediente IN407A 2016/770-1/matrícula: 15CU50) e o CT Feas (expediente IN407A 2016/2622-1/matrícula: 15CU53) consistente en:

• Repotenciación do CT San Adrián proxectándose a substitución do actual transformador de 100 kVA de potencia por un novo de 250 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e da aparellaxe interior por un novo CT compacto de manobra exterior telecontrolado e unha configuración de celas 2L+1P.

• Instalación de novas autoválvulas e tendido de 8 metros de condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al) coa orixe en nova cela de liña do CT San Adrián reformado e remate na fachada do CT en dirección ao CT Feas, para ligazón coa LMTA existente.

• Reforma da envolvente de obra civil proxectándose a substitución da porta de acceso ampliando as súas dimensións, a instalación de foxo de recollida de aceite con reixa e seixos apagalumes e dos UPN que soportarán o transformador, a instalación dun deflector de aire para favorecer a ventilación do transformador, a conexión dos novos elementos metálicos á nova rede de terras interior do CT, así como a interconexión co anel de posta a terra do centro actual do local e o pintado interior e exterior do local.

• Instalación de LMT soterrada, a 20 kV, de 386 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) que se vai instalar no novo apoio metálico proxectado entre os apoios nº 22 e nº 23 e remate no CT San Adrián reformado. Canalización proxectada con 2T/6T aloxados en gabia de dimensións 0,40×0,80/1,00/1,40.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 14 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMT MEA-806 (apoio B6W2E1F6//17-CT San Adrián 15CU52)
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Ortigueira

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT aérea-apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº de apoio

Superficie (m2)

Lonxitude

Superficie (m2)

2

Luis Barcón Pereira

Polígono 501, parcela 262

Rozavella

18

2

Rústico agrario

Prados ou pradarías