Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2023 Páx. 16899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 13 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa, de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2022/307-1).

Expediente: IN407A 2022/307-1.

Solicitante/promotor: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación da instalación: nova saída LMT do CS Xesta a derivación Currelos.

Concello: A Laracha.

1. Características técnicas:

– Modificación do centro de seccionamento (CS) de Xesta (expediente IN407A 2011/33-1), consistente na instalación dunha nova cela de liña.

– Modificación do apoio nº 41 da LMT aérea Cillobre-Centulles-Xesta-Montemaior e Ferruxeiras (expediente 50.442) metálico tipo FL-C-4500/16, existente, consistente na instalación dunha nova cruceta tipo E30-CA, dous (2) pasos aéreo-soterrados (PA/S) e dous (2) xogos de pararraios autoválvulas 18 kV/10 kA.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV (tensión de servizo: 15 kV), de 276 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), coa orixe na nova cela de liña proxectada no CS de Xesta e remate nun dos pasos aéreo-soterrados anteriores. Este treito de liña transcorrerá pola canalización existente autorizada no expediente IN407A 2011/33-1.

– Substitución do apoio nº 49 da LMT aérea Cillobre-Centulles-Xesta-Montemaior e Ferruxeiras (expediente 50.442) de formigón tipo HV-1600/11 existente polo novo apoio metálico tipo FL-C-4500/16-E30-CA.

– Reforma mantendo o seu actual trazado, do treito da LMT aérea Cillobre-Centulles-Xesta-Montemaior e Ferruxeiras (expediente 50.442) comprendido entre os apoios nº 41 e nº 49 reformados, consistente no seu desdobramento de simple circuíto en dobre circuíto, de 2×951 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56. No apoio nº 49 reformado terán a súa orixe de xeito independente e mantendo o seu actual trazado a LMT a CT Golán e a LMT a CT Igrexario-Montemaior. Esta actuación implica, ademais, as seguintes operacións:

– Substitución de oito (8) apoios de formigón existentes por novos apoios metálicos tipo celosía e de formigón e intercalar un novo apoio entre os actuais apoios nº 42 e nº 43.

– Intercalar un novo apoio nº 49/1 de formigón tipo A-AL-HV-630/15-CR1-CA entre o apoio nº 49 reformado e o apoio nº 50 existente da LMT a CT Igrexario-Montemaior.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 13 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Parcela

proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (apoio)

Voo (servidume de paso

de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº de apoio

Superficie (m2)

Lonxitude

Superficie (m2)

1

José Ramón Vilas

Esmorís

7160702NH3876S

Lugar de Abeleira

3

45

Solo sen edificar

2

María Jesusa Cabezas Vilas

15042B50100696

Casa Vedra (polígono 501, parcela 696)

42

660

Prados ou pradarías

3

María Jesusa Cabezas Vilas

15042B50101012

Casa Vedra (polígono 501, parcela 1012)

42

2

72

881

Labor ou labradío secaño

4

José Antonio Fraga Arantón

15042B50100695

Casa Vedra (polígono 501, parcela 695)

17

522

Labor ou labradío secaño

5

José Antonio Bértoa Castro

15042B50100712

Corral (polígono 501, parcela 712)

92

1.462

Labor ou labradío secaño

6

Amelia Coence García

15042B50100700

Corral (polígono 501, parcela 700)

42-1

2

59

949

Prados ou pradarías

7

Descoñecido

15042B50110700

Corral (polígono 501, parcela 10700)

73

1.102

Árbores de ribeira

8

Descoñecido

15042B50110713

Cobras (polígono 501, parcela 10713)

Lateral

57

Árbores de ribeira

9

María del Carmen García Pallas

15042B50100711

Bidueiro (polígono 501, parcela 711)

41

644

Labor ou labradío secaño

10

José Luis Abeleira Graña

15042B50100975

Prado da Xesteira (polígono 501, parcela 975)

43

2

20

330

Labor ou labradío secaño

11

José Luis Abeleira Graña

15042B50100976

Prado da Xesteira (polígono 501, parcela 976)

65

889

Prados ou pradarías

12

Descoñecido

15042B50100978

Prado da Xesteira (polígono 501, parcela 978)

2

131

Prados ou pradarías

13

Descoñecido

15042B50100980

Prado da Xesteira (polígono 501, parcela 980)

44

2

61

971

Matogueira

14

Encarnación Méndez

15042B50100933

Laxe (polígono 501, parcela 933)

45

2

60

849

Matogueira

15

Descoñecido

15042B50102044

Laxe (polígono 501, parcela 2044)

Lateral

95

Eucaliptos

16

Eusebio Bértoa

Pombo

15042B50100934

Laxe (polígono 501, parcela 934)

46

2

130

2.076

Eucaliptos

17

Descoñecido

15042B50101072

Do Coto (polígono 501, parcela 1072)

Lateral

497

Matogueira

18

Descoñecido

15042B50101073

Do Coto (polígono 501, parcela 1073)

47/48/49

2/2/2

167

2.172

Matogueira

19

Descoñecido

15042B50101053

Do Coto (polígono 501, parcela 1053)

49-1

2

Eucaliptos

ANEXO

Nova saída LMT do CS Xesta a derivación Currelos
Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal da Laracha