Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 8 de marzo de 2023 Páx. 16915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2022/219-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben intentada esta, non se puidese practicar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a declaración de utilidade pública do proxecto de regulamentación LMTA BCR807 no tramo entre os apoios nº 144 e nº 177 (Cervantes), segundo se sinala no cadro anexo.

Ademais, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas).

O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/cervantes2

Lugo, 22 de febreiro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/219-2.

Denominación: regulamentación LMTA BCR807 no tramo entre os apoios nº 144 e nº 177 (Cervantes).

Concello: Cervantes.

Declaración de utilidade pública

Referencia catastral

Propietario/a

Apoio

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

m2

8

16

133

Seara

Monte alto

Mariana Araújo

158

2,0

17

132

486

Encima dos prados

Monte baixo

Descoñecido

167

2,0

22

126

49

Coba

Monte alto

Descoñecido

176

2,0