Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2023 Páx. 14235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 31 de xaneiro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Da parroquia de Piñeira de Arcos, a favor dos veciños e veciñas da parroquia de Piñeira de Arcos (San Xoán), no concello de Sandiás (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 13 de decembro de 2022, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Da parroquia de Piñeira de Arcos, a favor dos veciños e veciñas da parroquia de Piñeira de Arcos (San Xoán), no concello de Sandiás (Ourense), resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 28 de novembro de 2019, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Da parroquia de Piñeira de Arcos.

Segundo. O 23 de xuño de 2021, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Respecto do acordo de inicio de clasificación presentáronse varios escritos de alegacións. En primeiro lugar, o Concello de Sandías defende que varias das parcelas incluídas no acordo de inicio da clasificación non son veciñais en man común senón que pertencen ao concello e están adscritas a el. Trátase das parcelas 32078A04800438, 32078A04809001, 32078A00900225, 32078A05300002, 32078A05309004, 32078A06000287, 32078A06600283 e 32078A06600284, así como varias parcelas que non están catastradas actualmente.

O Concello achega como documentación en apoio da súa solicitude varias certificacións catastrais do ano 1958 en que aparece o Concello de Sandías como titular de varias parcelas, así como unha copia do inventario de bens municipais respecto das parcelas 32078A04800438 e 32078A04809001.

Os veciños solicitantes alegan que se trata de predios que formaron parte na súa maioría de terreos incluídos no proceso que transcorre desde a compra dos montes na desamortización por parte dos veciños da parroquia de Piñeira de Arcos ao Estado, mediante venta xudicial no ano 1862.

Defenden, polo tanto, que a dita compra fai proba do uso que viñeron realizando os veciños incluso con anterioridade a esta, e que o Concello, polo tanto, procedeu sen base ningunha a incluílas ao seu nome no Catastro do ano 1958 e nos inventarios municipais.

O Xurado Provincial, tendo en conta as alegacións realizadas polas partes, considera que quedou acreditado o carácter veciñal dos terreos reclamados, e que polo tanto as alegacións do Concello, baseadas fundamentalmente no Catastro do ano 1958, non fan proba da propiedade por parte deste.

Por outro lado, a CMMVVMC das parroquias de Torneiros e de San Martiño de Pazó (Penamá 16) alega que a parcela T (32002A09200025) é da súa titularidade, pois segundo consta na copia que xuntan, da fotografía 48-D do Concello de Allariz do primeiro catastro (sobre o ano 1957), a citada parcela T formaba parte dunha parcela máis grande (con referencias: polígono 92, parcela 280) que era propiedade do Concello de Allariz.

A este respecto, o Servizo de Montes informou o día 3 de febreiro de 2022 que o esbozo contido na carpeta-ficha correspondente indica que a extensión do MVMC Penamá 16 nesa zona concreta remata na liña intermunicipal. Polo que considerando que a parcela T (32002A09200025) alegada está situada integramente ao W desa liña e, polo tanto, no termo municipal de Allariz, cabe deducir que a parcela 32002A09200025 estaría incluída nos terreos clasificados do MVMC Penamá 16.

Non obstante, ante as dúbidas existentes en relación co límite entre os concellos de Allariz e Sandiás, o Xurado acordou requirirlle ao Servicio de Montes para que aclarase a cuestión.

Para tal efecto, o Servizo de Montes informou o día 22 de setembro de 2022 que existe un desvío da liña de termo real respecto da que actualmente consta no Mapa Topográfico Nacional; en concreto, da traza dos marcos atopados compróbase que a liña actual desvíase, segundo as zonas, nun intervalo aproximado de entre 20 e 60 m da traza real. Como consecuencia, a parcela 32002A09200025 reclamada pola comunidade propietaria estaría situada dentro do termo municipal de Sandiás.

De acordo co citado informe, o Xurado acordou a inclusión na clasificación da parcela 32002A09200025.

Por outro lado, o Xurado decide valorar a posible exclusión das parcelas A, B, C, D, G-H-I, K, O-Q e R. En relación co predio B, este consta dunha pequena parte situada dentro da parcela catastral 32078A00401001, a cal se atopa excluída da concentración. O Xurado acordou a súa inclusión. Mentres, a parte principal do citado predio B foi adxudicada na concentración parcelaria á CMVMC de Piñeira de Arcos, resultando na actual parcela 32078A50500036, polo que o Xurado Provincial acorda a súa clasificación.

No que respecta ao predio A, unha parte menor deste (que se corresponde coa parcela 32078A50500037) foi adxudicada a un particular, polo que o Xurado acorda a súa exclusión. A parte principal do citado predio A foi adxudicada ao propietario correspondente á CMVMC da Brandela e Canasloba (parcela 32037A50600101), razón pola cal o Xurado decide excluíla da clasificación. Tampouco se inclúe un camiño que forma parte da citada parcela, e que se corresponde coa referencia catastral 32037A50609011.

No relativo ás parcelas C-D, G-H-I, K, O-Q e R que figuran na solicitude, estas non se axustan á cartografía catastral e a CMVMC solicitante non presentou un informe de validación gráfica positivo da representación gráfica xeorreferenciada alternativa. Non obstante, o Xurado Provincial considera que o dito extremo non é óbice para a súa clasificación, e que unha vez acordada a clasificación, as ditas parcelas deberán ser catastradas. Engadir que as parcelas C e D xa están clasificadas a favor da CMVMC de Piñeira de Arcos.

Ademais, tamén presentou un escrito de alegacións Víctor Dapena Moreiras, que reclama a parcela 32078A06800008 como da súa titularidade. Afirma que a dita parcela lle pertence por herdanza do seu falecido pai Manuel Dapena Solveira, titular catastral orixinario dela, tal e como consta no Catastro de Ourense do ano 1986. No ano 2007 procedeu a instrumentalizar a titularidade por medio de escritura pública de data do 22 de outubro. Así mesmo, acredita que na dita parcela realizou un pozo para a captación de augas, autorizado mediante Resolución da Confederación Hidrográfica o día 21 de febreiro do ano 2000.

Os representantes veciñais alegan que a dita parcela é veciñal en man común, e que foi excluída no seu momento da concentración parcelaria no ano 1982 (a certificación é do ano 1986) tras a reclamación dos veciños de que era monte veciñal.

O Xurado considera que se trata dun asunto de propiedade que non é competente para resolver, polo que acorda a súa exclusión da resolución de clasificación.

Tamén acorda a exclusión da parcela F, xa que por ela transcorre a autovía A-52 e, polo tanto, non quedou acreditado durante o procedemento o aproveitamento veciñal da citada parcela.

Acórdase, igualmente, a exclusión da parcela coa referencia catastral 32002A09200024 que ten como titular catastral a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Penama 16 e que, segundo o esbozo incluído no expediente de clasificación do MVMC Penama 16, pertencente á CMVMC das parroquias de Torneiros e San Martiño de Pazó, invadirían terreos deste monte, así como da parcela con referencia catastral 32078A17709045; de acordo co informe do Servizo de Infraestruturas Agrarias, trátase dun camiño correspondente á zona de concentración parcelaria de Piñeira de Arcos-Sandiás. Os camiños da concentración parcelaria de Piñeira de Arcos foron cedidos ao Concello de Sandiás; no ano 1989 os principais e no ano 1994 os secundarios.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Da parroquia de Piñeira de Arcos.

Superficie: 14,87 ha.

Pertenza: CMVMC da parroquia de Piñeira de Arcos (San Xoán).

Parroquia: Piñeira de Arcos (San Xoán).

Concello: Sandiás.

Parcela B:

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32037A06500190 (parte)

32078A00401001 (parte)

32078A00400135 (parte)

32078A50500036

Norte

32078A00400820

32078A50500037

Leste

32078A50500037

32078A50509001

32078A50510044

32078A00400135 (resto)

Sur

32078A00401001 (resto)

Oeste

32078A00401001 (resto)

32037A06500190 (resto)

32037A06500191

32037A06500188

32078A00400820

Parcela E:

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32078A17800361

Norte e leste

32078A17809001

Sur e oeste

32078A50209036

Parcelas G-H-I:

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados por un camiño urbano non catastrado.

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

Terreos sen catastrar

Norte

32078A50200220

002500500PG06E

002002100PG06E

32078A50200222

32078A50200225

32078A50200226

Leste

002501500PG06E

Sur

002501600PG06E

002502400PG06E

Oeste

32078A50200221

Enclavado

002500400PG06E

Parcelas J-K:

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados por un camiño urbano non catastrado.

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32078A05300002

32078A05309004

Terreos sen catastrar

Norte

32078A50200698

32078A50201679

Leste

32078A05300003

32078A05309001

32078A05300001

Terreos sen catastrar

Sur

Terreos sen catastrar

002100200PG06F

Oeste

Terreos sen catastrar

Parcela L:

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32078A06000287

Norte

32078A50200450

Leste

32078A50200439

Sur

32078A50200438

Oeste

32078A50209028

Parcelas M-N:

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, se ben están atravesados polo camiño correspondente á parcela coa referencia catastral 32078A06609001.

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32078A06600283

32078A06600284

Norte

32078A50200462

Leste

32078A50200491

32078A50209048

32078A50200551

Sur

32078A06609001

Oeste

32078A50209124

32078A50200461

Parcelas O-P-Q:

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polo camiño correspondente á parcela coa referencia catastral 32078A06809004.

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32078A06800003

32078A06800004

32078A06800005 (parte)

32078A17709045 (parte)

Norte

32078A50209044

32078A50109066

Leste

32078A06800005 (resto)

32078A06809005

32078A06809004

32078A17709044

32078A17709045 (resto)

Sur

32078A50200615

32078A50209030

32078A50200585

Oeste

32078A50200585 32078A50209048

32078A50200584 32078A50200583

Parcela R:

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32078A06800002

Norte

32078A50200616

32078A50200615

32078A17709045

Leste

32078A17709045

Sur

32078A17709045

32078A06809003

Oeste

32078A06809003

32078A50200618

32078A06800008

32078A50200617

Parcela S:

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32078A17400280

Norte

32002A10309007

32078A17409003

Leste

32078A17400196

32078A17400265

Sur

32078A17400264

32078A17400211

32078A17400262

32002A10300535

32002A10300536

32002A10300537

32002A10300538

Oeste

32002A10300549

Parcela T:

Parcelas obxecto de

clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32002A09200025

Norte

32002A09200019

32002A09200020

Leste

32078A17600485

32078A17600484

32078A17600483

32078A17600482

32078A17600481

32078A17600476

32078A17600475

32078A17600474

32078A17609012

32002A09200253

Sur

32002A09200253

Oeste

32002A09200024

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común...os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala Contencioso-Administrativa do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Da parroquia de Piñeira de Arcos, a favor dos veciños e veciñas da parroquia de Piñeira de Arcos (San Xoán), no concello de Sandiás (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 31 de xaneiro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense