Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2023 Páx. 14233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas dos procedementos indicados no anexo.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer para seren notificadas no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), ante esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación dos citados procedementos, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º piso, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As notificacións pendentes tamén poderán obterse mediante comparecencia no Sistema de notificacións de Galicia (https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login), se se dispón de Chave365 ou certificado dixital.

Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao vencemento do prazo indicado.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2023

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada

Procedemento

Manuela Barrela Lamas

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Divina Dacal Blanco

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

José Manuel Grande Fernández

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

María Teresa López Vilela

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Sante Ditano

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Mariana Nazareth Gil Ñañez

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Olman Adalid Martínez Henríquez

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Roberto Antonio Noguera Verenzuela

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Guido Riccatti

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios