Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2023 Páx. 14231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2023, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente OU-01143-O-2022).

A persoa titular da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador OU-01143-O-2022 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ditada á persoa interesada.

Informase de que o expediente sancionador está á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Comunícase que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Ourense, 30 de xaneiro de 2023

Hipólito Casas Conde
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF
da persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-01143-O-2022

0769-LKG

35601130M

Exceso de peso superior ao 5 %.

8.6.2022; 12.15; A-52; 202,0

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

301 euros