Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 23 de decembro de 2022, relativa ao acto de conciliación formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Do Prado e de Penelas, no concello de Cartelle (Ourense).

Examinada a solicitude de deslinde formulada polos representantes do MVMC Do Prado, pertencente á CMMVVMC do Prado; e do MVMC Penelas, pertencente á CMMVVMC da Teixugueira, no concello de Cartelle, resultan os seguintes:

Feitos:

Primeiro. O 13.7.2022 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial do Medio Rural de Ourense un escrito (núm. 138/RX 1838187, correspondente coa minuta núm. 2022-E-RC-585) do presidente da CMMVVMC do Prado, no cal solicita o cambio de clasificación da parcela denominada Os Outeiriños, actualmente pertencente á CMVMC da Teixugueira.

Coa solicitude achegou a seguinte documentación:

– Acta de deslindamento do 13.5.2022.

– Acta da asemblea realizada o 26.3.2022 pola CMMVVMC do Prado, en que se aprobou o deslindamento.

– Acta de conciliación redactada no Xulgado de Paz de Cartelle.

– Certificación de aprobación, do día 2.4.2022, da CMMVVMC da Teixugueira.

Segundo. O 9.9.2022, o presidente da CMMVMC do Prado presentou un novo escrito (núm. 192/RX 2238931), co cal achegou unha certificación relativa ao acordo de deslindamento adoptado o 26.03.2022 pola CMMVVMC do Prado.

Terceiro. O informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense do 20 de setembro de 2022 fai constar que a documentación achegada corresponde ao cambio de titularidade dun predio íntegro que forma parte dun MVMC, a favor doutra comunidade propietaria que non é estremeira coa anterior.

Ao mesmo tempo, concorrería tamén un procedemento de revisión parcial de esbozo na medida en que o predio deslindado queda agora inequivocamente definido en toda a súa lonxitude con base na descrición contida na acta de deslindamento, que identifica o predio coa parcela catastral núm. 359 do pol. 23 e máis coa parte da parcela núm. 9002 do pol. 23 que bordea a anterior polos seus ventos E e N, e que vén delimitada polos pares de coordenadas X: 574.972,84; Y: 4.677.913,72 (no seu estremo SE) e X: 574.624,13; Y: 4.678.277,16 (no seu estremo NO).

A superficie do predio Os Outeiriños, unha vez aprobado o deslindamento e a revisión deste, sería de 5,78 ha; fronte a este dato, a dixitalización do predio que consta na actual carpeta-ficha revela unha superficie de 5,38 ha, o que permite concluír que non habería perda de superficie comunal.

O citado informe considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A presente resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se debe seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, dite resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 20 de setembro de 2022, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man común acordou, por unanimidade, o día 13 de decembro de 2022:

1. Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras dos MVMC Do Prado, pertencente á CMMVVMC do Prado, e do MVMC Penelas, pertencente á CMMVVMC da Teixugueira, no concello de Cartelle.

2. Aprobar a proposta de revisión de esbozo do monte veciñal en man común Do Prado, no concello de Cartelle.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 20 de xaneiro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense