Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12016

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluído no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (código de procedemento TU986B).

O 2 de decembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluído no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023.

No artigo 1.1 das bases reguladoras establécese que quedan excluídos os establecementos de aloxamento turístico que ocupen parcialmente un edificio. O obxectivo desta exclusión é financiar actuacións de eficiencia enerxética que supoñan intervencións completas en edificacións de aloxamento, de acordo co previsto no Acordo da Conferencia Sectorial de Turismo, do 29 de marzo de 2022, sobre repartición territorial do crédito, correspondente ao orzamento de 2022, da liña de financiamento para proxectos de eficiencia enerxética e economía circular de empresas turísticas, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. A característica de edificio completo vén dada pola descrición catastral do inmoble. Isto permite que naqueles edificios nos cales, ademais do aloxamento, existe un local destinado a restauración, ambos os dous inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante REAT) con números diferenciados, sexa viable a solicitude da axuda para unha intervención completa no conxunto do edificio, sempre que a persoa solicitante sexa a persoa titular ou empresa explotadora de todo o inmoble.

Esta resolución ten por obxecto introducir unha modificación do artigo 1.1 das bases reguladoras e, en consonancia con el, do artigo 3.2 das ditas bases reguladoras, para perfeccionar o que debe entenderse por edificio completo para os efectos da solicitude das axudas.

Por outra banda, a Conferencia Sectorial de Turismo, na súa reunión do 14 de decembro de 2022, aprobou o acordo polo que se toma nota dos erros advertidos no texto do acordo sobre repartición territorial do crédito, correspondente ao orzamento de 2022, da liña de financiamento para proxectos de eficiencia enerxética e economía circular de empresas turísticas, por importe de 170.000.000,00 euros. O devandito acordo fora publicado no Boletín Oficial del Estado núm. 83, do 7 de abril de 2022, e o acordo polo que se toma nota dos erros foi publicado no Boletín Oficial del Estado núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023. Esta corrección de erros afecta o artigo 18.2.o).1º do anexo I e o anexo III da Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluído no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023.

A introdución destas modificacións persegue satisfacer o interese xeral das potenciais persoas beneficiarias das axudas sen que supoña unha vulneración de intereses de terceiros nin unha alteración esencial da natureza e dos obxectivos da subvención.

De conformidade coa competencia conferida polo artigo 19 dos estatutos da Axencia Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro,

RESOLVO:

Artigo 1. Modificación do anexo I da Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluído no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023

Modifícanse os artigos 1.1 e 3.2 do anexo I da Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluído no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023, nos termos que se recollen a seguir:

Un. O artigo 1.1 queda redactado nos seguintes termos:

«1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a realización de actuacións de eficiencia enerxética que impulsen a economía circular en edificios completos cuxo uso sexa o aloxamento turístico. Están incluídas as seguintes tipoloxías: hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos. Os establecementos que pretendan acollerse á subvención teñen que conformar a totalidade da edificación e destinarse integramente a aloxamento turístico. Para estes efectos, considérase que tamén conforman a totalidade da edificación aqueles aloxamentos turísticos con locais de restauración integrados na edificación con acceso directo desde a vía pública, sempre e cando os locais de restauración correspondan á mesma persoa titular do establecemento de aloxamento turístico, estean de alta no REAT dentro dalgún dos grupos de clasificación do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e o proxecto presentado sexa unha intervención completa no conxunto do edificio».

Dous. O artigo 3.2 queda redactado nos seguintes termos:

«2. As actuacións subvencionables deberán realizarse en edificacións existentes e construídas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2007, sempre que sexan edificios completos, no sentido indicado no artigo 1.1, cuxo uso sexa o aloxamento turístico: hoteis e pensións, recollidos no Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros; establecementos de turismo rural, recollidos no Decreto 191/2004, do 29 de xuño, de establecementos de turismo rural; albergues turísticos, recollidos no Decreto 48/2006, do 21 de abril, polo que se establece a ordenación dos albergues turísticos, e apartamentos turísticos, recollidos no Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación dos apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia».

Tres. O artigo 18.2.o).1º queda redactado nos seguintes termos:

«1º. Para a correcta acreditación do cumprimento da valorización do 70 % dos residuos de construción e demolición (base 17.8.b), o adxudicatario presentará unha memoria resumo onde se recolla a cantidade total de residuos xerados, clasificados por códigos LER, e os certificados dos xestores de destino, onde se indique a porcentaxe de valorización alcanzada en cada unha das instalacións. Os residuos perigosos non valorizables non se terán en conta para a consecución deste obxectivo».

Artigo 2. Modificación do anexo III da Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluído no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023

Modifícase o último parágrafo do anexo III da Resolución do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluído no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023, nos termos que se recollen a seguir:

«Non se considerará elixible ningún custo distinto aos anteriores nin que fose facturado ao destinatario último da axuda con anterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda, salvo os que se indican na epígrafe 7 da base 17 do Acordo da Conferencia Sectorial do 29 de marzo de 2022».

Artigo 3. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan presentar calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen que a dita publicación supoña unha modificación no prazo de presentación de solicitudes recollido no artigo 6 das bases reguladoras.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2023

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Axencia Turismo de Galicia