Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12021

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de decembro de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á implantación de solucións avanzadas para o desenvolvemento da economía circular para o ano 2023, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300F).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 21, do martes 31 de xaneiro de 2023, cómpre facer a seguinte modificación:

Despois da páxina 10461, e antes do anexo V (páxina 10462), debe incluírse, por omisión, o seguinte anexo IV:

ANEXO IV

Requisitos de comunicación do financiamento público

Axudas á implantación de solucións avanzadas para o desenvolvemento da economía circular na Comunidade Autónoma de Galicia

Responsabilidade do beneficiario.

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no artigo 50 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, o beneficiario, durante o período de mantemento do investimento, recoñecerá a axuda dos Fondos Europeos, a través do Feder, e para iso:

a) Na súa páxina web oficial, cando exista a dita web, e nas súas contas de redes sociais fará unha breve descrición da operación, de forma proporcionada en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, e destacará a axuda económica da Unión Europea.

b) Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación achegará unha declaración que destaque de forma visible as axudas da Unión Europea.

c) Expoñerá nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño A3, como míc) nimo, ou unha pantalla electrónica equivalente con información da actuación, onde se destaque a axuda de fondos europeos.

Durante o período de obriga de conservar a documentación deberá conservar, perfectamente en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elabore no marco da actuación. Este material deberase poñer á disposición do organismo intermedio ou das institucións da Unión Europea se así o solicitan.

Respectaranse en todo caso as directrices contidas no documento sobre o uso do emblema europeo (https://ec.europa.eu/info/sites/default/files/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do RDC.