Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2023 Páx. 10888

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade á encomenda da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas para a realización de determinadas actuacións en relación co proceso de expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do aparcadoiro do Hospital Gran Montecelo.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 21 de xullo de 2022, pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a realización de determinadas actuacións en relación co proceso de expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do aparcadoiro do Hospital Gran Montecelo

– Actividades que realizará a Axencia Galega de Infraestruturas:

Prestar asistencia técnica en todas as fases do proceso expropiatorio, en especial, levantamento de actas previas, actas de ocupación e fase de prezo xusto.

En ningún caso o exercicio destas tarefas por parte da Axencia suporá a cesión da titularidade da competencia nin dos elementos substantivos do seu exercicio, e será responsabilidade do órgano ou entidade encomendante ditar cantos actos ou resolucións de carácter xurídico dean soporte ou se integre a concreta actividade material obxecto de encomenda.

Para estes efectos, terá a consideración de órgano encomendante a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encomenda ten natureza de encarga a medio propio, de acordo co disposto nos artigos 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. Tal condición de medio propio está recollida no artigo 3 dos estatutos da Axencia, aprobados polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto.

– Prazo de vixencia: o período de vixencia desta encomenda será dun ano desde a súa sinatura.

Este prazo prorrogarase automaticamente por períodos dun ano, agás que algunha das partes exprese a vontade de resolución cunha antelación mínima dun mes á data do seu remate.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2023

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade