Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2023 Páx. 10890

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2023 pola que se resolven as solicitudes de subvención destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR323C).

De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos vinculados á fase de instrución publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A devandita publicación producirá os efectos da notificación e a súa data será a única válida para o cómputo dos prazos.

A Comisión avaliou as solicitudes e elaborou unha relación de solicitudes coa puntuación que lle corresponde a cada unha, nos termos previstos no artigo 7 destas bases.

O Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario ditou proposta de resolución con base neste procedemento a partir da relación de solicitudes puntuadas, e elevou a proposta de resolución a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, o cal resolverá a concesión das subvencións por delegación da persoa titular da consellería.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR323C) (DOG nº 184, do 27 de setembro de 2022), aos solicitantes que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 7 da convocatoria, polas contías que se reflicten no anexo, e con cargo á aplicación orzamentaria: 14.04.712B.772.0, código de proxecto 2016 00384, para os anos 2022, 2023 e 2024.

Esta axuda ten por finalidade:

i. Mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola.

ii. Reducir as emisións dos gases efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.

Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se relacionan no anexo II por non acadaren a puntuación mínima de 6 puntos necesaria para a concesión da subvención (tal e como se establece no artigo 7 da orde), por non cumpriren os requisitos exixidos (como se establece no artigo 4), por solicitaren investimentos non subvencionables (como se establece no artigo 5) ou por desistencia por non presentaren a documentación complementaria requirida.

Terceiro. Informar as empresas beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As condicións de aplicación a estas axudas son, con carácter xeral, as establecidas na Orde desta consellería do 14 de setembro de 2022 que regula estas axudas e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.

b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tivéronse en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas na orde de convocatoria e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

c) Se é o caso, para proceder ao pagamento da subvención, a empresa beneficiaria deberá achegar xustificación documental da dispoñibilidade da licenza de obras dos investimentos solicitados con data límite de entrega a da solicitude do pagamento.

d) O prazo máximo de xustificación destas axudas é ata o 30 de setembro de 2024.

e) O período durante o que deben destinar os bens ao fin concreto é de 5 anos desde o pagamento da axuda.

f) Para proceder ao pagamento da subvención, a empresa beneficiaria deberá cumprir as condicións establecidas na Orde do 14 de setembro de 2022 e presentar a documentación indicada no seu artigo 28, todo iso sen superar as datas máximas de xustificación indicadas anteriormente.

g) Se o beneficiario da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, cumprindo cos requisitos da resolución de concesión, aboarase a totalidade da subvención concedida. De non ser así, procederase conforme o establecido no artigo 29 da Orde do 14 de setembro de 2022, relativo a incumprimentos.

h) As obrigas das empresas beneficiarias están relacionadas no artigo 26 da orde.

i) Conforme o disposto no artigo 26.g) da orde de convocatoria, a empresa beneficiaria da axuda deberá manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.

j) Estas axudas proceden do Fondo/programa operativo: Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), con taxa de cofinanciamento: 7,5 % pola Administración xeral do Estado, 17,5 % pola Xunta de Galicia e un 75 % polo fondo Feader.

Plan: Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Encaixe estrutural no plan:

Eixe: submedida 4.12 Instalacións e equipamentos en común.

Prioridade/prioridade de investimento:esta medida vincúlase ás prioridades 2 de viabilidade e competitividade das explotacións agrícolas, e 5 de economía eficiente no uso de recursos e resistente ao cambio climático.

Dentro da prioridade 2, en concreto co 2A: mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular o obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola.

Dentro da prioridade 5, en concreto co 5D: reducir as emisións dos gases efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.

k) Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda da mesma natureza, concedida coa mesma finalidade ou para os mesmos investimentos e/ou gastos, con excepción das axudas correspondentes a garantías para préstamos ou derivadas doutros instrumentos financeiros comunitarios nas condicións establecidas no artigo 37 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

Conforme iso, se para os mesmos investimentos se solicita ou se concede un préstamo garantido e unha subvención non reembolsable, aplicaranse os límites establecidos no artigo 8.a) do cadro de especificacións da orde de convocatoria.

l) O beneficiario deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader.

Cuarto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2023

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Orde

Expediente

NIF

Nome

Nome do proxecto visado

Puntuación prioridade: mínimo 6 puntos

Porcentaxe de axuda

Investimento solicitado

Motivo de redución

Investimento elixible

Axuda

Puntos total

a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

Básico (40 %)

a

b

c

d

Total % axuda

1

4122022000002

F15000177

Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, S. Coop. galega

Proxecto de ampliación de explotación familiar de vacún de leite con destino a: corte para vacún de leite, corte de recría de lactantes, almacén, fosa de xurro cuberta, vestiario, legalización de silo

12

2

4

3

3

0

0

0

0

0

0

0

40 %

0 %

0 %

10 %

0 %

50 %

1.703.496,90 €

Moderación de custos. Partida legalización silo trátase de construción existente; por tanto, non é subvencio-nable

1.405.399,23 €

702.699,62 €

2

4122022000001

F70337068

Ganadería do Mouro, S. Coop. galega

Proxecto de ampliación explotación gando vacún leite: instalación de inoculador bioactivadores, corte de vacas preparto, silos

9

0

4

1

0

2

0

0

2

0

0

0

40 %

0 %

0 %

0 %

0 %

40 %

315.000,00 €

-

315.000,00 €

126.000,00 €

3

4122022000006

F27499466

Ladeiravi, S. Coop. galega

Proxecto de ampliación de nave para galiñas poñedoras ecolóxicas e esterqueira

8

0

4

1

0

2

0

0

0

1

0

0

40 %

10 %

0 %

10 %

0 %

60 %

941.408,06 €

A partida solicitada de esterqueira está iniciada; por tanto, non é subvencio-nable

911.783,80 €

547.070,28 €

4

4122022000008

F36100782

O Rodo, S. Coop. galega

Proxecto de ampliación de nave industrial para almacenaxe de maquinaria de cooperativa agrícola

6

3

0

2

0

0

0

0

0

1

0

0

40 %

0 %

0 %

10 %

0 %

50 %

579.681,80 €

579.681,80 €

289.840,90 €

Puntuación prioridade:

a. Número de explotacións agrícolas asociadas

1. > 750: 4 puntos

2. De 151 a 750: 3 puntos

3. De 31 a 150: 2 puntos

4. De 6 a 30: 1 puntos

5. De 0 a 5: 0 puntos

b. Investimentos na explotación agrícola titularidade da entidade asociativa: 4 puntos

c. Atendendo ao importe neto da cifra de negocio (INCN):

i. 0 € ≤ INCN ≤ 2.000.000 €: 1 puntos

ii. 2.000.000 € < INCN ≤ 10.000.000 €: 2 puntos

iii. 10.000.000 € < INCN < 25.000.000 € 3 puntos

d. Investimento localizado nunha zona de montaña tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014_2020: 3 puntos

e. Órgano de goberno cunha porcentaxe de mulleres igual ou superior ao 50 %: 2 puntos

f. Investimentos complementarios aos procesos produtivos das explotacións. 2 puntos

g. Investimentos de aforro enerxético (>50 % do investimento elixible): 2 puntos

h. Investimentos en tecnoloxías novas e eficaces para reducir as emisións de CO2 e NH3: 2 puntos

i. Investimento localizado nunha zona distinta á de montaña con limitacións naturais significativas ou

limitacións específicas, tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014_2020: 1 punto

j. Investimentos en proxectos innovadores: 1 punto

k. Investimentos en proxectos de cooperación: 1 punto

Incremento de porcentaxe de axuda básica:

a. 10 % no caso dos investimentos relacionados con operacións en agricultura ecolóxica;

b. 15 % en investimentos colectivos, cando o beneficiario proceda de fusión de cooperativas finalizada nos últimos 5 anos;

c. 10 % para investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas, recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013;

d. 10 % no caso das operacións subvencionadas no marco das asociacións europeas de innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola.

ANEXO II

Orde

Expediente

NIF

Nome

Nome do proxecto

Puntuación prioridade: mínimo 6 puntos

Motivo de denegación

Puntos total

a

b

c

d

e

f

g

h

i

j

k

1

4122022000003

F70591490

Granxamor integracións, S. Coop. galega

Proxecto básico de construción almacén maquinaria agrícola

4

0

0

1

0

2

0

0

0

1

0

0

Denegación: incumprimento do artigo 7.a): non acada a puntuación mínima de 6 puntos segundo os criterios de valoración

2

4122022000004

F15020290

Xallas de Santa Comba, S. Coop. galega

Non achegan proxecto

7

4

0

3

0

0

0

0

0

0

0

0

Denegación: incumprimento do artigo 5: non se subvencionarán maquinaria ou investimentos relacionados coa transformación ou comercialización. A cooperativa achega unha solicitude para unha nave almacén para albergar produtos adquiridos para socios da cooperativa. Considérase que esta actividade está relacionada coa comercialización de produtos.

3

4122022000005

F27317593

Aira, S. Coop..galega

Non achegan proxecto

8

4

0

3

0

0

0

0

0

1

0

0

Denegación: incumprimento do artigo 5: non se subvencionarán maquinaria ou investimentos relacionados coa transformación ou comercialización. A cooperativa achega unha solicitude para un taller de reparación de maquinaria particular e a da propiedade da cooperativa. A actividade de reparación de maquinaria particular considérase actividade relacionada coa comercialización.

4

4122022000007

F27270248

Trobo Agrícola, S. Coop. galega

Proxecto construtivo de explotacións de vacún de carne, avícola de carne, avícola de ovos e porcino

6

0

4

1

0

0

0

0

0

1

0

0

Denegación: incumprimento do artigo 4: trátase dunha empresa en crise.

5

4122022000009

F32013302

S.Coop. explotación comunitaria de Antelana, S. Coop. galega

Non achegan proxecto

6

0

4

1

0

0

0

0

0

1

0

0

Desistencia: non atendeu ao requirimento (non presenta proxecto técnico)

Puntuación prioridade:

a. Número de explotacións agrícolas asociadas

1. > 750: 4 puntos

2. De 151 a 750: 3 puntos

3. De 31 a 150: 2 puntos

4. De 6 a 30: 1 puntos

5. De 0 a 5: 0 puntos

b. Investimentos na explotación agrícola titularidade da entidade asociativa: 4 puntos

c. Atendendo ao importe neto da cifra de negocio (INCN):

i. 0 € ≤ INCN ≤ 2.000.000 €: 1 puntos

ii. 2.000.000 € < INCN ≤ 10.000.000 €: 2 puntos

iii. 10.000.000 € < INCN < 25.000.000 € 3 puntos

d. Investimento localizado nunha zona de montaña, tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014_2020: 3 puntos

e. Órgano de goberno cunha porcentaxe de mulleres igual ou superior ao 50 %: 2 puntos

f. Investimentos complementarios aos procesos produtivos das explotacións. 2 puntos

g. Investimentos de aforro enerxético (>50 % do investimento elixible): 2 puntos

h. Investimentos en tecnoloxías novas e eficaces para reducir as emisións de CO2 e NH3: 2 puntos

i. Investimento localizado nunha zona distinta á de montaña con limitacións naturais significativas ou

limitacións específicas, tal e como se definen na medida 13 do PDR 2014_2020: 1 punto

j. Investimentos en proxectos innovadores: 1 punto

k. Investimentos en proxectos de cooperación: 1 punto