Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CÉDULA do 29 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2022/0277-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante la presente cédula, notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte día ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no teléfono 986 81 70 11.

Expediente: RL 2022/0277-4.

Acta: I362022000028981.

Empresa: Limpiezas y Pulimentos Carballo, S.L.

Enderezo: rúa San Antoniño, 21; Pontevedra.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 15.5 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 7.2, 39.2 e 39.6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 18.11.2022.

Resolución: declarar a caducidade da acta de infracción núm. I362022000028981, sen prexuízo de que se a infracción non prescribiu, a Inspección de Traballo e Seguridade Social poida estender unha nova acta polos mesmos feitos.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo de un mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 29 de decembro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra