Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CÉDULA do 29 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2022/0303-4 e catro máis.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícanselles ás empresas que se relacionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, cita previa no teléfono 986 81 70 11.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non os interporen no tempo e na forma que proceda, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que neles se sinala, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento ante a consellería de facenda correspondente.

Expediente: RL 2022/0303-4.

Acta: I362022000049492.

Empresa: Actividades de Construcción Edificación y Viales, S.L.

Enderezo: rúa Alameda, nº 16, porta 2, Pontevedra.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores; artigos 14.1, 15.1, 17.1 e 2 e 22.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; artigos 3 e 4 anexo II, puntos 4.1.1 e 4.3 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, modificados polo Real decreto 2177/2004; e artigos 169.2 e 174.2.d) e e) do VI Convenio colectivo xeral do sector da construción.

Preceptos sancionadores: artigos 12.2, 12.16.b) e f) e 39.3 e 6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 11.11.2022

Resolución: multa de 6.138 €.

Expediente: RL 2022/0356-4.

Acta: I362022000049896.

Empresa: Joaquín Aibar Israel.

Enderezo: avenida Olímpica, 32, Móstoles (Madrid).

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 15, 16, 18, 19 e 30 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, e artigo 5.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Preceptos sancionadores: artigos 12.15.a) e 39.1 e 6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 15.11.2022.

Resolución: multa de 2.046 €.

Expediente: RL 2022/0365-4.

Acta: I362022000049391.

Empresa: Costa y Mar Innovación, S.L.

Enderezo: avenida Eloy Domínguez, 10, Catoira (Pontevedra).

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 16, puntos 1 e 2.a) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais en relación cos artigos 4.2.d) e 19 do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 12.6 e 39.3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 18.11.2022.

Resolución: multa de 6.000 €.

Expediente: RL 2022/0366-4.

Acta: I362022000053738.

Empresa: Teatrovar, C.B.

Enderezo: Paseo Matutino, 4, Ponteareas.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 34.9 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 18.11.2022.

Resolución: multa de 751 €.

Expediente: RL 2022/0386-4.

Acta: I362022000044846.

Empresa: Actividades Logísticas Centralizadas, S.L.

Enderezo: avenida Segunda, polígono industrial de Pocomaco, 0, A Coruña.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, e artigo 35.2 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 7.5, 39.1 e 39.6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 21.11.2022.

Resolución: multa de 751 €.

Vigo, 29 de decembro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra