Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 28 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 20220043TA-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 7 de decembro de 2022, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 20220043TA-OU, incoado ao titular do NIE Y8847977Y e con domicilio na rúa Río Arnoia, número 26, 2º A, 32001 Ourense.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do NIE Y8847977Y o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na alínea a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Tamén as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado desde a data da publicación, e realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderase facer no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias da Xefatura Territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 28 de decembro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 20220043TA-OU.

DNI/NIF/CIF: Y8847977Y.

Último enderezo coñecido: rúa Río Arnoia, número 26, 2º A, 32001 Ourense.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 7.u): «Prohíbese fumar en bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: «Consideraranse infraccións leves: a) Fumar nos lugares en que exista prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto».

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).