Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 2935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 22 de decembro de 2022 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 336/2022, no expediente de reposición da legalidade POL/14/2020.

Para os efectos de lle dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario 336/2022, interposto pola entidade con CIF B84930825, contra a resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 4 de outubro de 2022 (expediente POL/14/2020, en que se impón á persoa con DNI 35211513P, como responsable dunha infracción grave tipificada na Lei de costas, pola execución dun cerramento e grella, unha multa por importe de 397,80 euros, e se declaran prescritas as infraccións consistentes en reparación e consolidación dunha edificación para uso residencial con cambio de cuberta e colocación de porta e ventás, execución de soleira exterior, caseta, piscina, muros de contención, mesa e bancos de pedra e pérgola, polo transcurso de dous anos establecido no artigo 92 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior ao da comisión da infracción, debendo proceder á completa demolición e retirada das obras obxecto deste expediente, sitas no lugar de Praia Mourisca, no concello de Bueu, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado), emprázase a persoa con DNI 35211513P para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística