Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 2933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0269/2022-COP e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, de 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0269/2022-COP e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, nº 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

Vigo, 14 de decembro de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0269/2022-COP

78732514H

Resolución

Areacova, 51, Cangas

PSC-PO-0270/2022-COP

B94055282

Resolución

Cacharela, 27, Vigo

PSC-PO-0309/2022-PPM

35964921M

Resolución

Doutor Corbal, 90, Vigo

PSC-PO-0415/2022-PRE

35577194N

Resolución

Cova Terreña, 37, Baiona

PSC-PO-0480/2022-PRE

36153504B

Resolución

Subida a Casas, 79, Vigo

PSC-PO-0481/2022-PRE

36099340N

Resolución

Subida a Casas, 79, Vigo