Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 2930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2022 pola que se autoriza a permuta de puntos de fondeo entre os viveiros de cultivos mariños Area Longa II e Costas II.

Visto o expediente instruído para os efectos de autorizar a permuta de puntos de fondeo entre viveiros, apreciáronse os seguintes:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito do 10 de novembro de 2022, Mejillones Rosgar, S.L. (B02917003) e Mª Isabel García Carro (***0896**) solicitaron permiso para a permuta de puntos de fondeo entre as bateas denominadas Area Longa II e Costas II.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

Terceiro. No expediente constan os informes técnicos dos viveiros.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeo e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG núm. 83, do 30 de abril).

Vistos os antecedentes citados e de acordo cos fundamentos de dereito, esta consellería resolve outorgarlle a Mejillones Rosgar, S.L. (B02917003) e a Mª Isabel García Carro, (***0896**) a autorización para a permuta de puntos de fondeo entre as bateas que se indican:

Subtipo: batea.

Nome: Area Longa II.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula núm.: 63.

Polígono: H.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Titular: Mejillones Rosgar, S.L. (B02917003).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Subtipo: batea.

Nome: Costas II.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula núm.: 29.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Titular: Mª Isabel García Carro (***0896**).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia da permuta modifícase a localización dos títulos habilitantes e quedan como se indica:

Subtipo: batea.

Nome: Area Longa II.

Localización:

Cuadrícula núm.: 29.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Subtipo: batea.

Nome: Costas II.

Localización:

Cuadrícula núm.: 63.

Polígono: H.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino.

Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de 3 meses contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se levase a cabo, a autorización quedará sen efecto.

Cuarta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Quinta. As datas de fondeo deberán comunicarse con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á Xefatura Territorial da Consellería do Mar en Vigo, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de decembro de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo