De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento aos interesados con código de identificación fiscal F32386922, para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/123/2021-RP1, en relación coas obras consistentes nunha edificación no lugar de Costa do Monte, no termo municipal de Amoeiro, provincia de Ourense.
O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.
Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2022
Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística