Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2023 Páx. 229

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias dos concellos de Agolada, Arbo, As Neves, Cambados, Crecente, Gondomar, O Grove, Meaño, Mondariz, Moraña, Poio, O Rosal, Salvaterra, Silleda e Soutomaior para desenvolver as facultades de comprobación e inspección, así como a liquidación e recadación resultantes de diversos tributos municipais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de novembro de 2022, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, as delegacións de competencias que realizaron os concellos de Agolada, Arbo, As Neves, Cambados, Crecente, Gondomar, O Grove, Meaño, Mondariz, Moraña, Poio, O Rosal, Salvaterra, Silleda e Soutomaior para desenvolver as facultades de comprobación e inspección, así como a liquidación e recadación resultantes, de diversos tributos municipais, e no caso do Concello do Rosal, a xestión e a recadación voluntaria da taxa pola utilización do solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministración, fundamentalmente de enerxía, que resulten de interese xeral.

A Deputación de Pontevedra realizará as citadas delegacións a través dos seus servizos tributarios figurando no anuncio publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 233, do 7 de decembro de 2022, o detalle das facultades que delegan os citados concellos, así como as datas en que se adoptaron os acordos plenarios das delegacións de competencias a favor da Deputación Provincial de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 7 de decembro de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial nº 2022008681, do 2.12.2022)
Santos Héctor Rodríguez Díaz
Deputado delegado da Área de Réxime Interior,
Economía, Facenda e Oral

Gabriel Rodríguez Alonso
secretario accidental da Deputación Provincial de Pontevedra