Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2023 Páx. 228

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da delegación de competencias do Concello de Salvaterra de Miño para desenvolver as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de novembro de 2022, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Salvaterra de Miño, por acordo do Pleno na sesión do 26 de setembro de 2022, para desenvolver as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público municipais nos termos que constan na certificación do acordo remitida polo Concello de Salvaterra de Miño á Deputación e que consta no expediente.

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 30 de novembro de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (R.P. nº 2019012988, do 15.7.2019)

Carlos López Font

Deputado delegado da Deputación
Provincial de Pontevedra

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra