Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 29 de decembro de 2022 Páx. 66665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello das Neves (expediente IN407A 2022/139-4).

Expediente: IN407A 2022/139-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA SAL803 desde o apoio 27 ao 29.

Concello: As Neves.

Feitos:

Primeiro. O 8 de abril de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica regulamentación LMTA SAL803 desde o apoio 27 ao 29.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste no soterramento dun tramo aéreo da LMT SAL803 no lugar de Bouzas, parroquia de Tortoreos, no concello das Neves, a través de 200 metros dunha liña de media tensión subterránea desde o apoio AEGDE6M8//AEGCMPKF ata un novo apoio proxectado. Desmóntase o tramo da liña de media tensión aérea (LMTA) entre os apoios AEFHGG1//27 e AEHS1WUK//29. Este último apoio será substituído por un de celosía C-4500/14, do cal partirá un novo van aéreo de 55 metros de lonxitude en LA-110, e instalarase un novo apoio de celosía C-3000/14 próximo á estrada PO-41 que será necesario para entroncar o novo tramo subterráneo existente.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello das Neves, a Axencia Galega de Infraestruturas e a Deputación Provincial de Pontevedra, que non emitiron condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Terceiro. Mediante escrito do 9 de maio de 2022, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica á única persoa que figura afectada pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Cuarto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 4 de maio de 2022 publicada no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 30 de maio de 2022, no xornal Faro de Vigo do 18 de maio de 2022 e no taboleiro de anuncios do Concello das Neves.

Durante o mencionado trámite recibíronse as alegacións de Antonio Manuel Díaz Pereira, que manifesta a existencia de contactos coa empresa promotora en busca dunha solución alternativa menos lesiva para os seus intereses.

O 28 de xuño de 2022, UFD confirma a existencia deses contactos en busca dunha solución alternativa.

Quinto. O 8 de xullo de 2022, UFD comunicou que acadou un acordo coa única persoa afectada, achegando a documentación acreditativa do acordo. Ademais, debido a este acordo, achegou un modificado ao proxecto orixinal e reformulou a súa solicitude inicial, pois xa non é necesaria a declaración de utilidade pública e, polo tanto, solicita unicamente as autorizacións administrativas previa e de construción para a instalación eléctrica regulamentación LMTA SAL803 desde o apoio 27 ao 29.

Sexto. Debido á presentación do modificado, esta xefatura territorial volveu solicitar o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello das Neves, a Axencia Galega de Infraestruturas e a Deputación Provincial de Pontevedra, que non emitiron condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Sétimo. As variacións entre o proxecto inicial e o modificado consisten basicamente nunha variación do trazado da instalación que repercute na lonxitude das liñas proxectadas e na necesidade de instalar un novo apoio, en lugar de dous apoios.

Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 216 metros de lonxitude, con orixe no paso aero-subterráneo (PAS) que se fará no apoio existente AEGDE6M8//AEGCMPKF e final no PAS que se fará no apoio proxectado C-4500/14 (que substitúe o apoio AEHS1WUK//29). Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-110, de 101 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-4500/14 e final no apoio existente AEIE8V7C//30.

A instalación está situada no lugar de Bouzas, parroquia de Tortoreos, no concello das Neves (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada regulamentación LMTA SAL803 desde o apoio 27 ao 29 (expediente IN407A 2022/139-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 1 de decembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra