Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de novembro de 2022, polo que se aproba definitivamente o proxecto de interese autonómico da liña eléctrica de evacuación do parque eólico Paxareiras II, así como as disposicións normativas contidas no mencionado proxecto.

En cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 10 de novembro de 2022, cuxa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1ª. Aprobar definitivamente o proxecto de interese autonómico denominado Proxecto de Interese autonómico LAT 66 kV evacuación PE Paxareiras II (agosto 2022), promovido por AV Paxareiras, S.L.U.

2ª. De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, modificado mediante o Acordo do 5 de decembro de 2002, o planeamento no Concello de Dumbría (A Coruña) queda vinculado á determinación contida no proxecto de interese autonómico que se aproba».

En virtude do previsto no artigo 60.2 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, fanse públicas, como anexo a esta resolución, as disposicións normativas do devandito proxecto sectorial; así mesmo, o contido íntegro do documento poderá consultarse no seguinte enderezo da internet: https://ceei.xunta.gal/transparencia-e-goberno-aberto

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Disposicións normativas do proxecto de interese autonómico

1. Xustificación das normas de aplicación directa.

Procédese á xustificación das normas de aplicación directa referidas aos artigos 91, adaptación ao ambiente e protección da paisaxe, e 92, protección das vías de circulación, da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

De acordo co informe emitido o 16.3.2022 polo Servizo de Planificación da Paisaxe do Instituto de Estudos do Territorio (IET):

«Este proxecto producirá dous impactos principais sobre a paisaxe: a incidencia visual dos apoios da liña eléctrica, que pola súa forma e altura contrastan coa composición das escenas agrarias, e as franxas abertas entre as masas de arboredo para o paso da liña, que fragmentan a textura compositiva das devanditas áreas.

Estas incidencias manteranse no tempo durante o período de explotación da liña, e veranse incrementadas polo efecto sinérxico derivado da presenza doutras liñas eléctricas e parques eólicos na contorna.

Neste caso, entre as zonas afectadas pola incidencia visual cabe destacar os núcleos rurais próximos e o Camiño de Santiago no roteiro Camiño de Fisterra-Muxía, aínda que, tendo en conta as distancias ás que se atopan, o impacto previsible non sería crítico.

Para atenuar as afeccións de paisaxe deberanse adoptar, ademais das medidas preventivas e correctoras propostas pola empresa promotora, aqueloutras medidas de integración paisaxística que se sinalan no informe sobre o documento ambiental do proxecto de LAT 66 kV de evacuación do parque eólico Paxareiras II, emitido polo Instituto de Estudos do Territorio o 9.7.2021».

Doutra banda, todos os apoios que conforman a liña de alta tensión 66 kV gardan unha distancia ao eixe de todas as vías de circulación pública maior dos 4 metros mínimos, tal e como establece o artigo 92 sobre a protección das vías de circulación da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

2. Análise da relación do contido do proxecto de interese autonómico co plan urbanístico vixente e prazo para a adaptación.

2.1. Planeamento urbanístico vixente.

O Concello de Dumbría carece de instrumento de planeamento xeral e dispón de seis delimitacións de solo de núcleo rural aprobadas definitivamente (Olveira, Figueroa-Dumbría, Pazo-Salgueiros, Olveiroa, As Touzas e A Boudañeira) que non afectan o ámbito territorial da liña. Ao tratarse dun concello sen instrumento de planeamento xeral, aos terreos afectados pola infraestrutura aplicaráselles a disposición transitoria 1ª (punto 4) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).

Punto 4 da disposición transitoria primeira da Lei 2/2016, do solo de Galicia:

«4. Nos municipios sen plan xeral aplicarase o réxime de solo rústico establecido na presente lei, coas seguintes condicións:

a) Unicamente poderá edificarse nos terreos que merezan a condición de solo urbano consolidado por reunir os requisitos establecidos no artigo 17.a) da presente lei.

b) As delimitacións de núcleo rural manterán a súa vixencia».

Para tal efecto, para a identificación da categorización do solo rústico de especial protección operan as definicións establecidas no artigo 34 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, que diferencia as distintas categorías en función da correspondente afectación sectorial.

O Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia, aínda que non caracteriza nin clasifica o solo, establece os ámbitos de afección que sobre o territorio establece a normativa sectorial de aplicación con incidencia no plan urbanístico.

Para estes efectos, tendo en conta as definicións do artigo 34 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e os ámbitos de afección, de acordo coa normativa sectorial, reflectidos no Plan básico autonómico, pódese concretar que o solo afectado se clasifica como:

–Solo rústico de protección ordinaria.

–Solo rústico de protección patrimonial.

– Solo rústico de protección de augas.

– Solo rústico de protección de infraestruturas.

– Solo rústico de protección agropecuaria.

2.1.1. Solo rústico de protección ordinaria.

Considérase solo rústico de protección ordinaria os seguintes terreos:

«… a) Os que non resulten susceptibles de transformación urbanística polo perigo para a seguridade das persoas e os bens, motivada pola existencia de riscos de calquera índole.

b) Aqueles que o plan considere innecesarios ou inapropiados para a súa transformación urbanística».

No artigo 50.1.m) do Decreto 143/2016 especifícase o uso de instalacións de produción e transporte de enerxía eléctrica. No artigo 51 do mesmo decreto indícase que, para o solo rústico, se poderán realizar o uso, actividades e construcións enumerados no artigo 50, sempre que sexan permitidos pola lexislación sectorial, por resultaren compatibles co réxime de especial protección.

No artigo 36 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, indícase que o uso de infraestruturas de transporte é compatible, coa autorización previa ou informe favorable do órgano que exerza a competencia sectorial.

2.1.2. Solo rústico de protección patrimonial.

Este tipo de solos defínese na Lei 2/2016, do solo de Galicia, na alínea h) do seu artigo 34.2 como:

«h) Solo rústico de protección patrimonial, constituído polos terreos protexidos pola lexislación de patrimonio cultural».

No artigo 50.1.m) do Decreto 143/2016 especifícase o uso de instalacións de produción e transporte de enerxía eléctrica. No artigo 51 do mesmo decreto, indícase que, para o solo rústico de especial protección, se poderán realizar o uso, actividades e construcións enumerados no artigo 50, sempre que sexan permitidos pola lexislación sectorial, por resultaren compatibles co réxime de especial protección.

No artigo 36 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, indícase que o uso de infraestruturas de transporte é compatible, coa autorización previa ou informe favorable do órgano que exerza a competencia sectorial.

2.1.3. Solo rústico de protección de augas.

Este tipo de solos defínese na Lei 2/2016, do solo de Galicia, na alínea c) do seu artigo 34.2 como:

«c) Solo rústico de protección das augas, constituído polos terreos situados fóra dos núcleos rurais e do solo urbano definidos como dominio público hidráulico na respectiva lexislación sectorial, as súas zonas de policía e as zonas de fluxo preferente».

No artigo 50.1.m) do Decreto 143/2016 especifícase o uso de instalacións de produción e transporte de enerxía eléctrica. No artigo 51 do mesmo decreto indícase que, para o solo rústico de especial protección, se poderán realizar o uso, actividades e construcións enumerados no artigo 50, sempre que sexan permitidos pola lexislación sectorial, por resultaren compatibles co réxime de especial protección.

No artigo 36 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, indícase que o uso de infraestruturas de transporte é compatible, coa autorización previa ou informe favorable do órgano que ostente a competencia sectorial.

2.1.4. Solo rústico de protección agropecuaria.

Este tipo de solos defínese na Lei 2/2016, do solo de Galicia, na alínea a) do seu artigo 34.2 como:

«a) Solo rústico de protección agropecuaria, constituído polos terreos que fosen obxecto de concentración parcelaria con resolución firme e os terreos de alta produtividade agropecuaria que sexan delimitados no catálogo oficial correspondente polo órgano que exerza a competencia sectorial en materia agrícola ou gandeira».

No artigo 50.1.m) do Decreto 143/2016 especifícase o uso de instalacións de produción e transporte de enerxía eléctrica. No artigo 51 do mesmo decreto indícase que, para o solo rústico de especial protección, se poderán realizar o uso, actividades e construcións enumerados no artigo 50, sempre que sexan permitidos pola lexislación sectorial, por resultaren compatibles co réxime de especial protección.

No artigo 36 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, indícase que o uso de infraestruturas de transporte é compatible, coa autorización previa ou informe favorable do órgano que ostente a competencia sectorial.

2.2. Conclusión.

Aínda que o uso de infraestruturas de transporte de enerxía, como é o caso da liña de alta tensión obxecto do presente proxecto técnico, é un uso admisible en calquera categoría de solo rústico logo da obtención do título municipal habilitante, neste caso optouse pola tramitación previa dun proxecto de interese autonómico, polo que o correcto é acollerse ao establecido no artigo 36.5 da LSG, que indica que, ademais do resto de usos relacionados no artigo 35, se poderán implantar en solo rústico aqueles previstos nos instrumentos de ordenación do territorio.

Á vista das cualificacións-clasificacións de solo existentes, obsérvase que os elementos que compoñen a liña de evacuación do parque eólico están recollidos dunha maneira máis acorde, segundo o especificado na Lei 2/2016, no solo rústico de protección de infraestruturas, que é o definido no punto 2.e) do artigo 34 da Lei 2/2016.

«e) Solo rústico de protección de infraestruturas, constituído polos terreos rústicos destinados á instalación de infraestruturas e as súas zonas de afección, tales como as comunicacións e telecomunicacións, as instalacións para o abastecemento, saneamento e depuración da auga, as de xestión de residuos sólidos, as derivadas da política enerxética ou calquera outra que xustifique a necesidade de afectar unha parte do territorio, conforme a previsión dos instrumentos de plan urbanístico e de ordenación do territorio».

Desta maneira, débense cualificar as superficies establecidas a solo rústico de protección de infraestruturas.

Tal e como se establece no artigo 34.4 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, a nova categoría de solo rústico proposta superpoñerase, sen desprazar sobre a que teñan os terreos afectados, aplicándose os distintos réximes de forma complementaria, xunto coa necesidade de obter as autorizacións correspondentes.

3. Regulación detallada do uso pormenorizado.

As obras contidas no presente proxecto desenvólvense por mor da necesidade de evacuar a enerxía producida no parque eólico Paxareiras II proxectado ao abeiro do Plan sectorial eólico. De acordo con iso faise necesaria a articulación dunha nova categoría de ordenamento de solo dentro da normativa urbanística dos concellos por onde se desenvolve a infraestrutura.

Así, e atendendo ao que estipula a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no artigo 34, a nova cualificación do solo afecto á instalación deberá ser:

– Solo rústico de protección de infraestruturas (solo rústico de especial protección), e o uso permitido será o de liña de evacuación eléctrica e as infraestruturas asociadas a ela.

3.1. Condicións de uso e licenzas.

A continuación, indícanse as características do solo rústico de especial protección de infraestruturas.

3.1.1. Ámbito de aplicación.

Comprende esta categoría de solo a zona delimitada nos planos destinados á infraestrutura eléctrica desde a subestación do parque eólico de Paxareiras II ata a subestación colectora de Regoelle 220/66 kV.

A delimitación proposta acata as disposicións recollidas no punto 3.2.2 do Plan sectorial eólico de Galicia, en canto ás infraestruturas de evacuación dun parque eólico:

Parte de obra

Superficie cualificada

Liña eléctrica aérea

Superficie de afección

Vías de acceso a apoios

3 m a cada lado da vía

Liñas eléctricas soterradas

10 m, as resultantes da aplicación da fórmula A=1,5 + V (*kV)/100, cun mínimo de 2 m

Arquetas

1 m a cada lado dela

Non se permitirán outras construcións, ao abeiro da presente ordenanza, que non sexan estritamente necesarias para o adecuado funcionamento da liña de alta tensión.

3.1.2. Usos permitidos.

O réxime xeral do solo rústico de protección de infraestruturas ten por obxecto preservar os terreos ocupados polas infraestruturas e as súas zonas de afección, así como os que sexan necesarios para a implantación doutras novas. Esta categoría de solo queda suxeita ao seguinte réxime:

Segundo o artigo 34.2 da Lei 2/2016, letra e) «os terreos rústicos destinados á instalación de infraestruturas e as súas zonas de afección, tales como as comunicacións e telecomunicacións, as instalacións para o abastecemento, saneamento e depuración da auga, as de xestión de residuos sólidos, as derivadas da política enerxética ou calquera outra que xustifique a necesidade de afectar unha parte do territorio, conforme a previsión dos instrumentos de plan urbanístico e de ordenación do territorio».

Permitiranse as instalacións necesarias para a execución e o funcionamento da devandita infraestrutura.

3.1.3. Contorna da liña eléctrica.

O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, determina:

«Artigo 158. Servidume de paso aéreo de enerxía eléctrica

A servidume de paso aéreo de enerxía eléctrica comprenderá:

a) O voo sobre a propiedade servente.

b) O establecemento de postes, torres ou apoios fixos para a sustentación dos condutores de enerxía eléctrica e instalación de postas á terra dos devanditos postes, torres ou apoios fixos.

c) O dereito de paso ou acceso para atender ao establecemento, vixilancia, conservación, reparación da liña eléctrica e corte de arboredo, se for necesario.

d) A ocupación temporal de terreos ou outros bens, de ser o caso, necesarios aos fins indicados no parágrafo c) anterior».

A largura de servidume variable establecerase adaptándose ás necesidades da liña obxecto do presente proxecto.

«Artigo 159. Servidume de paso subterráneo de enerxía eléctrica

A servidume de paso subterráneo de enerxía eléctrica comprenderá.

a) A ocupación do subsolo polos cables condutores á profundidade e coas demais características que sinale a normativa técnica e urbanística aplicable. Para efectos do expediente expropiatorio e sen prexuízo do disposto en canto a medidas e distancias de seguridade nos regulamentos técnicos na materia, a servidume subterránea comprende a franxa de terreo situada entre os dous condutores externos da instalación.

b) O establecemento dos dispositivos necesarios para o apoio ou fixación dos condutores.

c) O dereito de paso ou acceso para atender ao establecemento, vixilancia, conservación e reparación da liña eléctrica.

d) A ocupación temporal de terreos ou outros bens, de ser o caso, necesarios aos fins indicados no parágrafo c) anterior».

A largura de servidume constante establecerase adaptándose ás necesidades da liña obxecto do presente proxecto.

«Artigo 162. Relacións civís

1. A servidume de paso de enerxía eléctrica non impide ao dono da propiedade servente cercalo ou edificar sobre el, deixando a salvo a dita servidume, sempre que sexa autorizado pola Administración competente, que tomará en especial consideración a normativa vixente en materia de seguridade. O dono poderá, así mesmo, solicitar o cambio de trazado da liña se non existen dificultades técnicas, e serán pola súa conta os gastos da variación, incluídos nos devanditos gastos os prexuízos ocasionados.

2. Entenderase que a servidume foi respectada cando a cerca, plantación ou edificación construída polo propietario non afecte o seu contido e a seguridade da instalación, persoas e bens, de acordo co presente real decreto.

3. En todo caso, e para as liñas eléctricas aéreas, queda limitada a plantación de árbores e prohibida a construción de edificios e instalacións industriais na franxa definida pola proxección sobre o terreo dos condutores extremos nas condicións máis desfavorables, incrementada coas distancias regulamentarias a ambos os dous lados da devandita proxección.

Para as liñas subterráneas prohíbese a plantación e construcións mencionadas no parágrafo anterior, na franxa definida pola gabia onde van aloxados os condutores incrementada nas distancias mínimas de seguridade regulamentarias».

Non existe ningún impedimento a que no futuro se solicite algún tipo de aproveitamento, sen máis que a consideración de que a dita solicitude debe aterse ao que estipule a lexislación vixente e, en concreto, debe solicitar a correspondente compatibilidade e/ou prevalencia coa infraestrutura eléctrica proxectada.

4. Eficacia.

De acordo coa modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan eólico de Galicia, aprobada definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002, o planeamento dos concellos afectados queda vinculado ás determinacións contidas nos proxectos sectoriais redactados no seu desenvolvemento e non se requirirá autorización urbanística previa para as instalacións incluídas nos proxectos sectoriais que aprobe o Consello da Xunta de Galicia.

A Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, no seu artigo 29 establece que «Os plans territoriais integrados son instrumentos dirixidos á organización de áreas xeográficas supramunicipais que, ben por presentaren características homoxéneas, ben polo seu tamaño e relacións funcionais, demanden unha planificación dos usos do solo, actividades produtivas, infraestruturas e equipamentos de tipo comarcal e de carácter integrado».

Ademais, no artigo 40 da mesma lei dise que «Os proxectos de interese autonómico son os instrumentos de intervención directa na ordenación do territorio da Comunidade Autónoma que teñen por obxecto planificar e proxectar as seguintes actuacións, sempre que transcendan o ámbito municipal pola súa incidencia territorial, económica, social ou cultural».

5. Cualificación das obras e instalacións de marcado carácter territorial.

O presente proxecto de interese autonómico redactouse ao abeiro do Plan sectorial eólico de Galicia, xa que corresponde coa liña de evacuación de, entre outros, un parque eólico incluído dentro do devandito plan.

Ante o marco legal que expón a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, observarase o disposto no artigo 36.2 da devandita lei, de forma que:

«No solo rústico de especial protección será necesario obter a autorización ou informe favorable do órgano que teña a competencia sectorial correspondente con carácter previo á obtención do título habilitante municipal ou autorización autonómica nos casos en que esta fose preceptiva segundo o disposto no número seguinte».

E no seu punto 36.5, a Lei 2/2016 indica:

«Poderán implantarse en solo rústico aqueles usos previstos nos instrumentos de ordenación do territorio, logo de obtención do título municipal habilitante e sen necesidade de autorización urbanística autonómica».