Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 28 de decembro de 2022 Páx. 66330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa de peche dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Noia (expediente-e IN407A 2022/180-1).

Expediente-e: IN407A 2022/180-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: desmontaxe LMT TA2-801 e CT Puxilgo Malecón (15AG34).

Concello: Noia.

Feitos:

Primeiro. UFD Distribución Electricidad, S.A. (CIF: A63222533), empresa distribuidora de enerxía eléctrica inscrita no Rexistro de Distribuidores, Comercializadores e Consumidores Cualificados, sección 1ª, do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, co nº R1-002, é a empresa titular da infraestrutura denominada LMT TA2-801, integrada na arquitectura da súa rede de distribución e rexistrada nesta xefatura territorial baixo os seguintes

Antecedentes:

Denominación da infraestrutura eléctrica

LMT 20 kV Tambre II 801 (TA2-801)

Nº expediente

25.032, 27.879, 27.902, 34.970, 50.958, 50.985, 51.206, 52.022, 52.141, 52.144, 52.629, IN407A 1997/214-1, IN407A 1997/316-1, IN407A 1999/15-1, IN407A 1999/130-1, IN407A 2000/301-1, IN407A 2001/43-1, IN407A 2001/139-1, IN407A 2004/317-1, IN407A 2005/24-1, IN407A 2005/89-1, IN407A 2005/183-1, IN407A 2005/414-1, IN407A 2005/443-1, IN407A 2006/205-1, IN407A 2007/69-1, IN407A 2007/212-1, IN407A 2007/262-1, IN407A 2010/159-1 e IN407A 2016/2096-1 (de regularización)

Segundo. O 20.5.2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento da autorización administrativa de peche definitivo das instalacións descritas no proxecto de execución denominado Desmontaxe LMT TA2-801 e CT Puxilgo Malecón (15AG34), coa finalidade de atender un requirimento realizado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico; para tal fin proxectouse a desmontaxe do centro de transformación Puxilgo Malecón (expediente 25.032/matrícula: 15AG34) e o treito soterrado da LMT TA2-801 que o alimenta.

Terceiro. O promotor achegou xunto coa dita solicitude o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado Desmontaxe LMT TA2-801 e CT Puxilgo Malecón (15AG34), subscrito por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial (colexiado nº 2.980 do COETI de Vigo), acompañado de declaración responsable asinada o 2.5.2022 polo técnico proxectista, conforme a Instrución 5/2012, do 15 de novembro, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre os criterios que se aplicarán para exixir visado colexial en materia de industria e enerxía (DOG nº 229, do 30 de novembro).

Cuarto. Coa mención expresa recollida no punto 4. Regulamentación da memoria do dito proxecto, o técnico proxectista acredita o cumprimento da normativa de aplicación nos termos dispostos no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo).

Quinto. O proxecto presentado por UFD Distribución Electricidad, S.A. non se someteu ao trámite de información pública, de conformidade co disposto no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39, do 26 de febreiro).

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declarou que na execución das instalacións recollidas no proxecto de referencia non se afectan bens e/ou dereitos de propiedade particular.

Sexto. Con data 10.11.2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver o presente expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica (BOE nº 175, do 24 de xuño).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que e aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE nº 224, do 18 de setembro).

3. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto Desmontaxe LMT TA2-801 e CT Puxilgo Malecón (15AG34), obxecto da solicitude de outorgamento da autorización administrativa de peche definitivo, son:

• Desconexión e desmontaxe do CT intemperie Puxilgo Malecón (expediente 25.032/matrícula: 15AG34) de 160 kVA de potencia, instalado na rúa Malecón de Cadarso (denominación urbana da estrada DP-5710).

• Desconexión e desmontaxe do treito soterrado pertencente á arquitectura da LMT TA2-801, a 20 kV, de 285 metros de lonxitude, en condutor tipo RHV-12/20 kV 3 (1×70 mm2 Al) comprendido entre o CT Edificio Bahía (15CG35) e o CT Puxilgo Malecón, que se desmontará.

• Reordenación da rede de baixa tensión alimentada desde o CT Puxilgo Malecón, que pasará a ser subministrada desde o CT Xan de Estivada (15CCDP).

• Localización: rúa Malecón Gasset, estrada AC-550 e rúa Malecón de Cadarso, Noia. Termo municipal de Noia.

4. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece no seu artigo 38.2 que se considerarán elementos constitutivos da rede de distribución todos aqueles activos da rede de comunicacións, proteccións, control, servizos auxiliares, terreos, edificacións e demais elementos auxiliares, eléctricos ou non, necesarios para o axeitado funcionamento das redes de distribución, incluídos os centros de control en todas as partes e elementos que afecten as instalacións de distribución.

5. No seu artigo 39.1, a dita Lei 24/2013, do 26 de decembro, dispón que o peche definitivo das instalacións de distribución estará sometido, con carácter previo, ao réxime de autorizacións establecido no artigo 53; polo tanto, precisa autorización administrativa previa. O procedemento para o seu outorgamento é o indicado nos artigos 135 a 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder a autorización administrativa de peche definitivo das instalacións recollidas no proxecto Desmontaxe LMT TA2-801 e CT Puxilgo Malecón (15AG34), coas características anteriormente descritas, coas seguintes consideracións:

– De conformidade co disposto no artigo 138.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, aténdese ao solicitado por UFD Distribución Electricidad, S.A., de tal xeito que as instalacións de media tensión descritas no proxecto Desmontaxe LMT TA2-801 e CT Puxilgo Malecón (15AG34) serán desmanteladas na súa totalidade.

– A presente autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2 do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– Segundo o establecido no artigo 111 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a presente autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV.

– Considerando a proposta indicada no proxecto Desmontaxe LMT TA2-801 e CT Puxilgo Malecón (15AG34) polo titular da infraestrutura, a desconexión e o desmantelamento das instalacións estarán rematados no prazo previsto de catro (4) meses, contado a partir da data de obtención da última autorización administrativa que sexa necesario obter por parte de UFD Distribución Electricidad, S.A. para a execución dos traballos.

– Unha vez rematado o desmantelamento, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitará a esta xefatura territorial o levantamento da acta de peche da instalación, para o que presentará a seguinte documentación:

a) Un certificado do/da director/a da desmontaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas que resulten de aplicación.

b) Xustificación e/ou certificación do tratamento dos residuos xerados no proceso de desconexión e desmontaxe das instalacións.

– En cumprimento do establecido no artigo 155 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, as servidumes de paso de enerxía eléctrica, inherentes ás instalacións de distribución, quedarán extinguidas no momento en que se emita a acta de peche.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a UFD Distribución Electricidad, S.A. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 11 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña