Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61687

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 17 de novembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación.

Mediante a Orde do 13 de setembro de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 185, do 28 de setembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante na Axencia Galega de Innovación.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e polo artigo 17.4 do citado decreto,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle o destino no posto de traballo que se indica á persoa funcionaria de carreira que se relaciona no anexo I desta resolución.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do citado Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que a persoa adxudicataria obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles e computarase desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidas á persoa interesada. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta axencia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2022

Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación

ANEXO I

Apelidos e nome: César Vila, Álvaro.

DNI: ****657**.

Código do posto: EI.A11.00.000.15770.070.

Consellería: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Denominación do posto: Xefatura do Departamento de Apoio á Comisión Interdepartamental de I+D+i.

Centro de destino: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo/subgrupo: A1-A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 17.849,30 €.

Tipo adscrición: AXG (adscrición exclusiva a persoal funcionario da Xunta de Galicia).

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.