Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61686

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 21 de novembro de 2022 pola que se amplía o crédito dispoñible establecido na do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva, que foi modificada polas resolucións do 10 de agosto de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 166, do 18 de agosto) e do 27 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 130, do 8 de xullo).

BDNS (Identif.): 493045.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase en 3.500.000 € o crédito da convocatoria previsto no punto cuarto do resolvo da Resolución do 13 de xaneiro de 2020, modificada polas resolucións do 10 de agosto de 2020 e do 27 de xuño de 2022, con cargo á partida orzamentaria 06.A1.741A.7701, que queda establecido en 12.500.000 € do seguinte xeito: 300.000 € no ano 2020, 500.000 € no ano 2021, 6.200.000 € no ano 2022 e 5.500.000 € no ano 2023.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica