Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61684

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2022 pola que se amplía o crédito dispoñible establecido na do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva, que foi modificada polas resolucións do 10 de agosto de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 166, do 18 de agosto) e do 27 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 130, do 8 de xullo).

No Diario Oficial de Galicia núm. 22, do 3 de febreiro de 2020, publicouse a Resolución do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva, que foi modificada polas resolucións do 10 de agosto de 2020 (DOG núm. 166, do 18 de agosto) e do 27 de xuño de 2022 (DOG núm. 130, do 8 de xullo).

O punto cuarto do resolvo da Resolución do 13 de xaneiro de 2020 establecía un crédito dispoñible para a convocatoria de 9.000.000 €, así como que o director xeral do Igape podería ampliar os créditos, logo da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

A Resolución do 27 de xuño de 2022, que modificou a Resolución do 10 de agosto de 2020, que modificara a Resolución do 13 de xaneiro de 2020, fixou a distribución plurianual do dito crédito do seguinte xeito:

Partida orzamentaria

Ano 2020

Ano 2021

Ano 2022

Ano 2023

06.A1.741A.7701

300.000 €

500.000 €

6.200.000 €

2.000.000 €

A convocatoria foi obxecto dun amplo número de solicitudes (280), moi superior ao número de solicitudes de convocatorias anteriores (243 en 2019 e 164 en 2018) moitas das cales, que cumprirían os requisitos para a concesión das axudas solicitadas, a excepción da de existencia de crédito, non poderían ser aprobadas por este motivo. Na data actual, están pendentes de elevar ao comité de avaliación e resolución 51 delas, pero non existe crédito suficiente para a concesión de subvención ás solicitudes susceptibles de seren aprobadas e, por tanto, terían que ser denegadas por falta de crédito.

Co fin de posibilitar o apoio a un maior número de proxectos de investimento produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia, considérase oportuno incrementar o crédito orzamentario inicial en 3.500.000 €, acadando un crédito total da convocatoria de 12.500.000 €.

Así mesmo, a distribución do financiamento prevista na convocatoria debe ter correspondencia na data en que se prevexa realizar o gasto, polo que resulta necesaria unha nova periodización anual de orzamento resultante.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Amplíase en 3.500.000 € o crédito da convocatoria previsto no punto cuarto do resolvo da Resolución do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva, que foi modificada polas resolucións do 10 de agosto de 2020 e do 27 de xuño de 2022, e queda un crédito resultante de 12.500.000 €, coa seguinte distribución plurianual:

Partida orzamentaria

Ano 2020

Ano 2021

Ano 2022

Ano 2023

06.A1.741A.7701

300.000 €

500.000 €

6.200.000 €

5.500.000 €

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica