Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 30 de novembro de 2022 Páx. 61708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Monfero (expediente IN407A 2022/9-1).

Expediente: IN407A 2022/9-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CTI e RBT Rebordochao.

Concello: Monfero.

Feitos:

Primeiro. O 4 de xaneiro de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións do proxecto de execución denominado LMT, CTI e RBT Rebordochao, coa finalidade de mellorar a calidade do servizo de subministración eléctrica no lugar de Rebordochao (termo municipal de Monfero), e proxéctanse para este fin a instalación dun centro de transformación de intemperie de 50 kVA de potencia, unha liña de media tensión aérea que o enlazará coa liña de distribución de media tensión LMT EUM-709 procedente da subestación Eume e unha liña de baixa tensión soterrada.

Segundo. O promotor achegou xunto coa antedita solicitude o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado LMT, CTI e RBT Rebordochao, subscrito por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial (colexiado nº 2.233 do COETI da Coruña), acompañado da declaración responsable de competencia asinada o 13 de decembro de 2021 polo técnico proxectista, nos termos dispostos na Instrución 5/2012, do 15 de novembro, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre os criterios que se deben aplicar para exixir visado colexial en materia de industria e enerxía (DOG nº 229, do 30 de novembro).

– Anexo ao proxecto, subscrito por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial (colexiado nº 15.670 do COII de Madrid), acompañado da declaración responsable de competencia asinada o 31 de maio de 2022 polo técnico proxectista, nos termos dispostos na Instrución 5/2012 antes indicada.

Terceiro. Na epígrafe 4. Regulamentación da memoria do proxecto, o técnico proxectista acredita o cumprimento de toda a normativa que é de aplicación, de conformidade coa alínea 1.b) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 54, do 19 de marzo).

Cuarto. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, de conformidade co disposto no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39, do 26 de febreiro).

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante presentou unha declaración responsable en que fai constar que dispón de acordos previos con todas as persoas titulares dos bens e dereitos afectados polo proxecto.

Quinto. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o preceptivo informe ou, de ser o caso, o establecemento do condicionado técnico que considerasen pertinente, ás distintas administracións, organismos, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas para o que lles foi remitida unha separata do proxecto que contén as características da instalación e a documentación cartográfica na parte en que a instalación puidera afectar bens e dereitos ao seu cargo. UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Monfero, Augas de Galicia e Patrimonio Natural.

Sexto. Con data do 2 de novembro de 2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e en outros ámbitos para a reactivación económica (BOE nº 175, do 24 de xuño).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que e aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño).

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39, do 26 de febreiro).

3. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto LMT, CTI e RBT Rebordochao, obxecto da solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, son:

• Centro de transformación de intemperie, de 50 kVA de potencia e relación de transformación de 15.000/400-230 V, para instalar no novo apoio metálico tipo C-2000/12, nº 77-A-113-1-CT da LMT EUM-709.

• LMT aérea a 15 kV, de 16 metros de lonxitude, en condutor tipo LA-56, coa orixe no apoio existente nº 77-A-113 (expediente 50.649) da LMT EUM-709 e remate no apoio proxectado nº 77-A-113-1-CT da LMT EUM-709.

• Instalación de elementos de seccionamento (XS) no apoio existente nº 77-A-113 da LMT EUM-709.

• Emprazamento: lugar de Rebordochao, termo municipal de Monfero.

4. UFD Distribución manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello de Monfero e Patrimonio Natural.

5. Non consta no expediente que Augas de Galicia teña contestado á solicitude de informe feita por esta xefatura territorial, de tal xeito que, de acordo co establecido nos números 3 e 4 do artigo 3, do Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, enténdese a súa conformidade coas especificacións técnicas propostas no proxecto de execución.

6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións de media tensión recollidas no proxecto LMT, CTI e RBT Rebordochao de características anteriormente descritas, coas seguintes consideracións:

– Esta autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2 do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– De acordo co artigo 111 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV.

– As instalacións executaranse no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

– Para a posta en funcionamento das instalacións, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitará a esta xefatura territorial a autorización da súa explotación, acompañada da seguinte documentación:

a) As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

b) Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

c) Toda a documentación exixible segundo a ITC LAT-04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e a ITC RAT-22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a UFD Distribución Electricidad, S.A. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 7 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña