Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 24 de novembro de 2022 Páx. 60925

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 18 de novembro de 2022 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420C).

A Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420C) estipula no seu artigo 2.1 que ás axudas que se establecen no seu articulado se destina un orzamento total de 10.636.364,00 euros coa seguinte desagregación:

Aplicación orzamentaria

Ano 2021

Ano 2022

Total

2021.13.02.312B.470.2

6.000.000,00 €

3.818.182,00 €

9.818.182,00 €

2021.13.02.312B.481.3

500.000,00 €

318.182,00 €

818.182,00 €

Total

6.500.000,00 €

4.136.364,00 €

10.636.364,00 €

No número 2 do artigo 2 establece que o crédito consignado na aplicación 2021.13.02.312B.470.2 poderá ser obxecto de ampliación, tal e como se establece no artigo 7.un.s) do proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 20 de novembro de 2020.

No número 3 do dito artigo establece que o crédito consignado na aplicación 2021.13.02.312B.481.3, de acordo co previsto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e mais no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, se poderá ampliar cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Finalmente, no seu número 4 indica que o incremento dos créditos sinalados nos números anteriores queda condicionado á declaración da súa dispoñibilidade logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

De conformidade co exposto, mediante a Orde do 16 de abril de 2021 faise público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 30 de decembro de 2020 nas seguintes contías:

Aplicación orzamentaria

Ano 2021

Ano 2022

Total

2021.13.02.312B.470.2

3.500.000,00 €

2.250.000,00 €

5.750.000,00 €

Posteriormente, mediante a Orde do 11 de marzo de 2022 faise público un novo incremento do crédito das axudas previstas na dita Orde do 30 de decembro de 2020 nas seguintes contías:

Aplicación orzamentaria

Ano 2022

2022.13.02.312B.470.2

947.856,00 €

2022.13.02.312B.481.3

55.000,00 €

Total

1.002.856,00 €

Dada a insuficiencia de crédito da Orde do 30 de decembro de 2020 debido ao aumento do número de nenos/as segundos irmáns e sucesivos/as beneficiarios da gratuidade da atención educativa e da matrícula, é necesario novamente na anualidade 2022 incrementar o crédito na aplicación orzamentaria 13.02.312B.470.2 e na aplicación 13.02.312B.481.3 para atender o dito aumento de alumnado. Posto que existe crédito dispoñible nas citadas aplicacións orzamentarias 13.02.312B.470.2 e 13.02.312B.481.3, ao abeiro do establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, parece oportuno proceder ao dito incremento.

Preténdese así dar cumprimento a un dos obxectivos do Programa de apoio á natalidade posto en marcha pola Xunta de Galicia, que é facilitar á cidadanía o acceso a recursos de educación infantil de calidade, dado que constitúen un piar esencial para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento dos créditos

Increméntase o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as en escolas infantís 0-3, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420C). O importe do dito incremento é o seguinte:

Aplicación orzamentaria

Ano 2022

2021.13.02.312B.470.2

1.852.600,00 €

2021.13.02.312B.481.3

87.800,00 €

Total

1.940.400,00 €

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2022

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude