Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 11 de agosto 2022, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Vilar-Barreiro-Costoia (concello de Lalín) e a de Seixas (concello de Dozón), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22004).
Feitos:
Primeiro. O 31.3.2022, Francisco Donsión Carrón en representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Vilar-Barreiro-Costoia (Lalín) remite expediente de deslindamento (artigo 53 da Lei de montes de Galicia) coa CMVMC de Seixas (Dozón).
Segundo. Revisada a documentación achegada esta cumpre os requisitos técnicos solicitados polo Servizo de Montes e consta no expediente a seguinte documentación consonte aos artigos 53 e 55.3 da Lei 7/2012, de montes de Galicia:
– Acta do deslindamento.
– Acta de conciliación.
– Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais das comunidades.
– Memoria descritiva con plano de deslindamento e cartografía en formato dixital.
– Informes de validación gráfica cos números CSV: 4VZ2981XHY3RREKZ e CSV: 5PVP12JJVY37K9V1 para comunicación á Xerencia Territorial do Catastro.
A liña de deslindamento proposta está composta polos seguintes puntos:
01 |
573471,78 |
4714662,52 |
02 |
573470,57 |
4714679,65 |
03 |
573470,76 |
4714695,64 |
04 |
573476,11 |
4714716,86 |
05 |
573478,33 |
4714732,66 |
06 |
573480,03 |
4714751,08 |
07 |
573479,62 |
4714768,52 |
08 |
573479,46 |
4714770,80 |
09 |
573477,85 |
4714785,39 |
10 |
573474,60 |
4714802,79 |
11 |
573471,19 |
4714815,87 |
12 |
573466,26 |
4714827,12 |
13 |
573444,15 |
4714857,61 |
14 |
573429,38 |
4714877,44 |
15 |
573417,98 |
4714893,77 |
16 |
573404,99 |
4714917,38 |
17 |
573222,31 |
4715666,57 |
18 |
573323,12 |
4715767,02 |
19 |
573424,57 |
4715887,47 |
20 |
573479,42 |
4715970,57 |
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Esta resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,
ACORDA:
Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Vilar-Barreiro-Costoia (Lalín) e a CMVMC de Seixas (Dozón), respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito segundo.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 17 de outubro de 2022
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra