Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60415

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de outubro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Vilar-Barreiro-Costoia (concello de Lalín) e a de Sanguiñedo (concello de Dozón), ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, o 11 de agosto 2022, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Vilar-Barreiro-Costoia (concello de Lalín) e a de Sanguiñedo (concello de Dozón), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22003).

Feitos:

Primeiro. O 31.3.2022, Francisco Donsión Carrón en representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante, CMVMC) de Vilar-Barreiro-Costoia (Lalín) remite expediente de deslindamento (artigo 53 da Lei de montes de Galicia) coa CMVMC de Sanguiñedo (Dozón).

Segundo. Revisada a documentación achegada esta cumpre os requisitos técnicos solicitados polo Servizo de Montes e consta no expediente a seguinte documentación consonte os artigos 53 e 55.3 da Lei 7/2012, de montes de Galicia:

– Acta do deslindamento.

– Acta de conciliación.

– Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais das comunidades.

– Memoria descritiva con plano de deslindamento e cartografía en formato dixital.

– Informe de validación gráfica co número CSV: W502FD7B0PSCB2NQ para comunicación á Xerencia Territorial do Catastro.

A liña de deslindamento proposta está composta polos seguintes puntos:

01

573405,41

4714334,29

02

573410,15

4714348,51

03

573433,31

4714377,86

04

573441,42

4714393,26

05

573448,73

4714409,54

06

573452,96

4714418,33

07

573455,67

4714426,60

08

573457,65

4714432,81

09

573459,20

4714439,20

10

573461,38

4714449,64

11

573465,58

4714471,10

12

573468,33

4714487,27

13

573469,35

4714502,55

14

573469,64

4714514,49

15

573468,60

4714528,12

16

573467,02

4714547,93

17

573466,57

4714578,61

18

573467,87

4714600,27

19

573470,48

4714620,83

20

573472,65

4714640,50

21

573473,14

4714651,78

22

573471,78

4714662,52

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Esta resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e consideracións legais e técnicas expostos, o Xurado, por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Aprobar o deslindamento parcial realizado entre a CMVMC de Vilar-Barreiro-Costoia (Lalín) e a CMVMC de Sanguiñedo (Dozón) respecto da súa estrema común nos termos indicados no feito segundo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 17 de outubro de 2022

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra