Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de novembro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Santa Cristina (ampliación), do concello de Sarria (expediente 2/2020).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 22.9.2022 baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Manuel González Fernández, Josefina Pereira de la Riera e Antonio José López-Acuña Herrero, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Nome: Santa Cristina (ampliación).

– Pertenza: veciños da parroquia de Requeixo.

– Parroquia: Requeixo.

– Concello: Sarria.

– Superficie: 10,3 hectáreas.

Na seguinte táboa indícanse, diferenciadas en 2 zonas, as referencias catastrais das parcelas obxecto de clasificación, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo I, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Zona

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

1

27057A01800522

27057A01809029 (parte)

Norte

27057A01800321

Leste

27057A01800536

Sur

27057A01800480

27057A01809029

Oeste

27057A01809003

2

27057A01800495

27057A02101200

27057A01800327

27057A02101026

27057A02101201 (parte)

27057D50105063 (parte)

27057A01809029 (parte)

AM0201300PH23H

AM0200700PH23H

AM0201900PH23H

AM0201800PH23H

AM0201700PH23H

AM0202300PH23H

27057A02101232

Norte

27057A01809029

27057A01800500

27057A01800310

27057A01800311

27057A01800306

Leste

27057A01809003

27057A01800309

27057A01800308

27057A02101130

AM0202400PH23H

Sur

27057A02101129

27057A02101028

27057A02101031

27057D50100143

Oeste

27057D50105063

27057D50100144

27057A02101201

27057A02101210

27057A02101233

27057A01809003

Tendo en conta esta ampliación, o MVMC de Santa Cristina pasa a ter unha superficie total de 24,94 hectáreas.

Contra esta resolución, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 2 de novembro de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo

missing image file

ANEXO I