Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de novembro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición presentado contra a revisión do esbozo do monte Bustelo, do concello de Negueira de Muñiz (expediente 39_73/2020_66).

Na sesión realizada polo xurado provincial o día 22.9.2022, figura o seguinte acordo:

Monte Bustelo, da parroquia de Negueira, no concello do Negueira de Muñiz (expediente 39_73/2020_66).

Con data do 20.12.2021, por instancia da comunidade propietaria do monte, e tras a tramitación dun expediente de acordo co establecido na disposición 13ª da Lei 7/2012, de montes de Galicia, o xurado provincial acordou a revisión do esbozo do monte. A resolución foi publicada no DOG do 4 de febreiro de 2022.

O 17.3.2022 tivo entrada un recurso, asinado por Manuel Cancio López e Luis Río Muíña, no seu propio nome e en representación de 14 persoas máis, relativo á modificación do esbozo do monte de Bustelo. En síntese manifestan:

– Que o monte de Negueira é privado, de acordo coa escritura de compra do ano 1739 en que se recolle o límite co monte de Bustelo.

– Que a Audiencia Provincial da Coruña, no ano 1952, ditou sentenza, a favor dos veciños de Negueira, sobre o conflito de propiedade entre estes montes.

– Que a carpeta ficha do MVMC de Bustelo, correspondente á súa clasificación en 1974, describe correctamente os límite do monte.

– Solicitan a revogación do acordo do 20.12.2021 por afectar a propiedade privada do monte de Negueira.

O 1.6.2022, o distrito forestal VII emite un informe en que recolle a descrición do perímetro que figura na carpeta ficha e achega un plano en que se localizan os puntos da dita descrición. Conclúe que hai evidencia de que a modificación do esbozo pretendida pola comunidade de Bustelo non é clara.

O 2.6.2022 déuselle traslado do recurso á comunidade de Bustelo, pero non manifestou nada ao respecto.

Examinado o recurso de reposición, o xurado, por unanimidade, acorda estimalo, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución. A superficie resultante do MVMC de Bustelo é de 229,08 ha.

O esbozo resultante está dispoñible no anexo I, ao final deste anuncio.

Contra esta resolución, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 2 de novembro de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

missing image file

ANEXO I

Esbozo do MVMC de Bustelo trala estimación do recurso