Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 21 de novembro de 2022 Páx. 60424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de novembro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 111/76 e un máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión que tivo lugar o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión realizada polo xurado provincial o día 22.9.2022 figuran os seguintes acordos:

– MVMC Vilamaior de Negral (expediente 111/76), pertencente aos veciños da parroquia de Vilamaior de Negral, concello de Guntín.

O 28.7.2020 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Vilamaior de Negral, para que se proceda á revisión do esbozo do monte veciñal, conforme a documentación que achega.

O 14.9.2022, o Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2020_35) en que a superficie do monte Vilamaior de Negral pasa a ser 534,1770 hectáreas.

Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– Monte Biduedo (expediente 6/75), pertencente aos veciños do lugar de Biduedo, parroquia de Óutara, no concello da Pobra do Brollón.

O 4.5.2021 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Biduedo (mellorada o 27.7.2022 tras serlles requirido), para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a documentación que achega.

O 11.7.2022, o Servizo de Montes elaborou unha proposta de novo esbozo (2021_19) en que a superficie do monte de Biduedo pasa a ser 111 hectáreas.

Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 2 de novembro de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Esbozo revisado do MVMC Vilamaior de Negral. Guntín

missing image file
missing image file

ANEXO II

Esbozo revisado do MVMC Biduedo. A Pobra do Brollón