Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Venres, 18 de novembro de 2022 Páx. 60174

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa (por taxación conxunta), por razóns urbanísticas, para a execución do proxecto da obra de mellora da seguridade viaria na avenida de Caión (DP-0514), entre os puntos quilométricos 0+000-0+540.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que, con data do 2 de novembro de 2022, mediante a Resolución da Alcaldía número 3607/2022, foi aprobado inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (por taxación conxunta), por razóns urbanísticas, para a execución do proxecto da obra de mellora da seguridade viaria na avenida de Caión (DP-0514), entre os puntos quilométricos 0+000-0+540.

Asemade, consonte a devandita resolución, procede someter á información pública por período dun mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas, tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Número

Ref. catastral

Titularidade

Sp. total (m2)

Exprop. def. (m2)

1

9353808NH3995S0001BK

Fontal Vázquez Adelina

1.530

3

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido, na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puido efectuar, sirva o presente anuncio de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 3 de novembro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto 1923/2022, do 31 de maio)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano