Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Venres, 18 de novembro de 2022 Páx. 60176

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual do PXOM/13 referente á norma zonal 8 (expediente 631/2017/228).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 13 de outubro de 2022, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Modificación puntual do PXOM/13 referente á norma zonal 8. Equipamentos. Aprobación inicial. Setembro 2021, redactado por Arqyur, S.C. e asinado polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos.

En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 144.6 e 207 do seu regulamento (Decreto 143/16), o expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

O contido íntegro da modificación aprobada pódese consultar fisicamente nas dependencias municipais de Urbanismo, das 9.00 ás 13.00 horas, cita previa que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou no enderezo electrónico registrourbanismo@coruna.es; na páxina web de Urbanismo do Concello https://coruna.gal/urbanismo, na epígrafe de exposición pública; ou ben, desde a mesma web, a través do visor de desenvolvemento do planeamento.

A Coruña, 24 de outubro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo