Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Venres, 18 de novembro de 2022 Páx. 60172

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa (por taxación conxunta), por razóns urbanísticas, para a execución do proxecto de obra de regularización do sistema viario Laxobre-Ponte.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que, con data do 2 de novembro de 2022, mediante a Resolución da Alcaldía número 3612/2022, foi aprobado inicialmente proxecto de expropiación forzosa (por taxación conxunta), por razóns urbanísticas, para a execución do proxecto de obra de regularización do sistema viario Laxobre-Ponte.

Asemade, consonte a devandita resolución, procede someter á información pública por período dun mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior circulación da provincia, así como á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Predio nº

Ref. catastral

Titularidade

Exprop. def. (m2)

1

15005A061004590000PX

Piñeiro Vilanova Yolanda

60,36

2

15005A061005090000PP

Grela Gómez Carmen

10,11

3

15005A061006420000PL

Pazos Martínez Jesús, 50 %

Piñeiro Grela Olga, 50 %

82,90

4

15005A061005110000PQ

Vieiro Varela Manuel, 50 %

Barreiro García Victoria, 50 %

52,14

5

15005A061006250000PS

Antelo Vázquez Javier, 50 %

Ramos Álvarez Inés, 50 %

61,46

6

15005A061000790000PJ

Castro Álvarez José Manuel

15,20

7

15005A061004600000PR

Insua González José (herdeiros de)

544,17

8

15005A061005500000PF

Descoñecido

173,09

9

15005A061006660000PB

Vázquez Palleiro Beatriz

136,00

10

15005A061005470000PF

Concello de Arteixo

-

11

15005A061004920000PR

Orgeira Dopico Perfecta

-

12

15005A061004680000PU

Pérez Tomé Andrés

43,56

13

15005A061004960000PJ

Nieto Couto Estanislao 50 %

Calvo Mouro Lourdes, 50 %

2,21

14

15005A061005960000PZ

Calvo Mouro Juan Carlos

51,11

15

001701300NH49E0001MO

Pan Souto José, 50 %

Bertoa Bastón María del Carmen, 50 %

7,36

16

001802900NH49E0001UO

Dans Pichel Enrique, 50 %

Paz Cedeira María Isabel, 50 %

234,49

17

15005A061005570000PI

Vázquez Palleiro Beatriz, 100 % propiedade núa,

Palleiro Huertas María, 100 % de usufruto

17,70

18

15005A061000560000PW

Vázquez Villar Nazario César

83,29

19

15005A061000690000PM

Paz Cedeira Manuela

13,96

20

15005A061000680000PF

Regueiro Vázquez José 50 %

Díaz Figueroa Laura (herdeiros de) 50 %

2,87

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puido efectuar, sirva o presente anuncio de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 3 de novembro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto 1923/2022, do 31 de maio)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano