Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Xoves, 17 de novembro de 2022 Páx. 59653

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 14 de setembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento BS508E).

Con data do 27 de setembro de 2022 publícase no Diario Oficial de Galicia número 184 a Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento BS508E).

O artigo 9 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 10 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da devandita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 12 da orde, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece que, apreciados defectos ou falta de documentación na solicitude, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, o artigo 20 da orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento de emenda de solicitudes ditado polo órgano instrutor do procedemento con data do 9 de novembro de 2022, no cal se relacionan as entidades que deben emendar a solicitude e/ou completar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura como anexo a esta resolución.

2. Facer indicación expresa ás entidades solicitantes que se relacionan no requirimento recollido no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social e Xuventude a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2022

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Requirimento de emenda de solicitudes

Procedemento: BS508E: subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural.

Acto administrativo: requirimento de emenda de solicitudes da Orde do 14 de setembro de 2022.

Data: 9 de novembro de 2022.

Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.

Efectos: as entidades solicitantes que a seguir se relacionan terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Relación de expedientes:

Nº expediente

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508E 2022/018

Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos

G32345274

– Anexo I: revisar a cantidade total nos datos das persoas voluntarias.
– Proxecto de actividades: indicar o número de persoas beneficiarias (art. 10.1.a).

BS508E 2022/025

ONGD Senvalos

G70610282

– Anexo I: revisar o orzamento (o total do gasto non coincide co total das fontes de financiamento, os importes solicitados non son acordes ao art. 7.5, e revisar outras axudas).
– Proxecto de actividades (art. 10.1.a).