Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Xoves, 17 de novembro de 2022 Páx. 59650

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

EXTRACTO da Orde do 7 de novembro de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas para compensar os gastos do servizo de comedor das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social para o curso 2022/23, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS420F).

BDNS (Identif.): 658476.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán optar a estas axudas as entidades privadas de iniciativa social que teñan en funcionamento unha ou máis escolas infantís 0-3 que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran os seguintes requisitos:

a) Que fosen beneficiarias das axudas convocadas a través da Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420A), publicada no Diario Oficial de Galicia nº 7, do 13 de xaneiro de 2021, e non renunciasen á subvención concedida ao abeiro da dita orde.

b) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Consellería de Política Social e Xuventude, de acordo co disposto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

c) Que a escola infantil 0-3 da entidade que presta o servizo de comedor pola que solicita as axudas dispón do permiso de inicio de actividades para a prestación do servizo de escola infantil outorgado pola consellería competente na materia.

d) Que a escola infantil 0-3 da entidade que presta o servizo de comedor pola que solicitan as axudas dispón da documentación que acredita que os nenos e nenas que asisten a ela seguen o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación e teñen a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Que a escola infantil 0-3 da entidade que presta o servizo de comedor pola que se solicitan as axudas estea aplicando, pola utilización do dito servizo, un réxime de prezos equivalente ao previsto no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, entón órgano competente na materia.

Segundo. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia non competitiva, o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas ás entidades privadas de iniciativa social titulares das escolas infantís 0-3 anos coa finalidade de bonificar e compensar os gastos derivados da prestación do servizo de comedor aos nenos e nenas como persoas usuarias da escola e do dito servizo durante o curso escolar 2022/23, e proceder á súa convocatoria (código de procedemento BS420F).

2. Para os efectos desta orde enténdese por servizo de comedor o prestado ben por persoal do propio centro, ben por persoal alleo a el e contratado con tal fin (servizo de cátering), e que inclúe os alimentos.

Só poderá facer uso do servizo de comedor o alumnado usuario do servizo de atención educativa da escola infantil 0-3.

3. Non será subvencionable o uso do servizo de comedor por días soltos.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 7 de novembro de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas para compensar os gastos do servizo de comedor das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social para o curso 2022/23, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS420F).

Cuarto. Tipo de axuda e contía

A axuda consistirá nunha compensación para sufragar os gastos do uso do servizo de comedor por cada neno ou nena asistente á escola infantil que será a equivalente ao importe que deixaran de aboar as familias nas escolas infantís do sector público autonómico, de conformidade co Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro.

Subvencionarase un máximo de 11 meses entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023.

Quinto. Financiamento

1. Ás axudas obxecto desta convocatoria destínase un orzamento total de 1.226.324 euros, que se imputarán á aplicación orzamentaria 13.02.312B.481.3 coa seguinte desagregación:

Aplicación orzamentaria

Ano 2022

Ano 2023

Total

13.02.312B.481.3

445.936 €

780.388 €

1.226.324 €

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2022

A conselleira de Política Social e Xuventude
P.S. (Decreto 153/2022, do 13 de setembro; DOG núm. 175, do 14 de setembro)
Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación