Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2022 Páx. 57963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no termo municipal de Sada (expediente-e IN407A 2021/179-1).

Expediente-e: IN407A 2021/179-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: modificado M1 de proxecto de cambio de sección da LMT PED-704 entre o CT 15SFHF e o CT 15CQI9.

Termo municipal: Sada.

Feitos:

Primeiro. O 6 de xullo de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións do proxecto de execución denominado modificado M1 de proxecto de cambio de sección da LMT PED-704 entre o CT 15SFHF e o CT 15CQI9, coa finalidade de incrementar a capacidade de transporte das liñas existentes para poder atender os aumentos de demanda de enerxía que se produciron ao longo do tempo no casco urbano de Sada.

A promotora achega xunto coa antedita solicitude o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e presuposto, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado modificado M1 de proxecto de cambio de sección da LMT PED-704 entre o CT 15SFHF e o CT 15CQI9, asinado con data do 30 de maio de 2022 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial (colexiado nº 2.980 de Vigo).

– Declaración responsable do técnico proxectista, segundo o establecido no punto 1.b) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 54, do 19 de marzo).

Segundo. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, de conformidade co disposto no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39, do 26 de febreiro).

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declara que o proxecto non afecta novos bens e dereitos de propiedade particular.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o preceptivo informe ou, de ser o caso, o establecemento do condicionado técnico que considerasen pertinente, ás distintas administracións, organismos, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas para o que lles foi remitida unha separata do proxecto que contén as características da instalación e a documentación cartográfica na parte que a instalación puidese afectar a bens e dereitos ao seu cargo. UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Sada, Augas de Galicia e Patrimonio Cultural.

Cuarto. Con data do 3 de outubro de 2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a dita solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e en outros ámbitos para a reactivación económica (BOE nº 175, do 24 de xuño).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño).

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39, do 26 de febreiro).

3. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto modificado M1 de proxecto de cambio de sección da LMT PED-704 entre o CT 15SFHF e o CT 15CQI9, obxecto da solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, son:

• LMTS a 15 kV, de 163 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1 × 240 mm2 Al), con orixe no CT terraza (15SFHF) existente da liña LMT PED-704 (IN407A 2016/2032-1) e remate en PAR proxectado.

• Retirada de 159 metros de condutor existente tipo RHZ1 12/20 kV 3 (1 × 150 mm2 Al).

4. Non consta no expediente, a día de hoxe, contestación dos organismos aos informes solicitados, de tal xeito que, de acordo co establecido nos números 3 e 4 do artigo 3 do Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, se entende a súa conformidade coas especificacións técnicas propostas no proxecto de execución.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións de media tensión recollidas no proxecto modificado M1 de proxecto de cambio de sección da LMT PED-704 entre o CT 15SFHF e o CT 15CQI9 de características anteriormente descritas, coas seguintes consideracións:

– Esta autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2 do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– As instalacións executaranse no prazo dun (1) ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

– Para a posta en funcionamento das instalacións, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitará a esta xefatura territorial a autorización da súa explotación, acompañada da seguinte documentación:

a) As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

b) Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

c) Toda a documentación exixible segundo a ITC LAT-04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a UFD Distribución Electricidad, S.A. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 10 de outubro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña