Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2022 Páx. 57968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2022/361-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: recuamento LMT LOZ806-807A e LMTS LOZ808A e CS Casa do Mar.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) DC LOZ806-LOZ807A, a 20 kV, con condutor RHZ1, en dúas actuacións. A primeira actuación, LOZ806, é de 630 metros, con orixe na arqueta proxectada na LMTS LOZ8060499 e final no empalme na arqueta existente na LMTS LOZ8060498. A segunda actuación, LOZ807A, é de 630 metros, con orixe na arqueta proxectada na LMTS LOZ807A0895 e final no empalme na arqueta existente na LMTS LOZ807A0903.

LMTS LOZ808A, a 20 kV con condutor RHZ1, de 88 metros de lonxitude, con orixe e final na arqueta proxectada no tramo da LMTS LOZ808A0621, facendo entrada e saída no centro de seccionamento proxectado.

Centro de seccionamento con celas compactas con corte en SF6 (3L, 2 telecontroladas) situado na parcela con referencia catastral 8672802NG2987S0001JZ, na avenida de Marín.

As instalacións están situadas na rúa Rosalía de Castro e avenida de Marín, Mollavao, no municipio de Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 11 de outubro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2022/361-4.

Denominación: recuamento LMT LOZ806-807A e LMTS LOZ808A e CS Casa do Mar.

Concello: Pontevedra.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Canaliz. subt.

CT+ beirarrúa perimetral (m2)

Lonx.

Sup. (m2)

1

Mollavao

Urbano

8672802NG2987S0001JZ

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

29,00

101,14

13,78